Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 18.09.2019 Actualizado 20:26
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

Localizado en bo estado o veciño da Estrada desaparecido desde o sábado

Foi un camioneiro o que avisou do lugar onde se atopaba o home // Atopábase a un quilómetro de Ponte Ulla en dirección a Santiago

FOTO: SOS DESAPARECIDOS
FOTO: SOS DESAPARECIDOS

PONTEVEDRA. EUROPA PRESS  | 21.08.2019 
A- A+

José Ángel Bandin Miguen, o home de 44 anos que desapareceu o pasado sábado no municipio pontevedrés da Estrada, foi localizado en bo estado, segundo informaron a Europa Press fontes da Guardia Civil.

De acordo coa información facilitada, foi un camioneiro o que avisou do lugar onde se atopaba o home, que foi localizado a un quilómetro de Ponte Ulla en dirección a Santiago de Compostela.

Desde a súa desaparición, diversos efectivos participaron no operativo posto en marcha, entre eles cans especializados na procura de persoas desaparecidas; membros do Seprona, que o fixeron en pistas forestais; GES da Estrada, persoal do Servizo Municipal e voluntarios de Protección Civil, xunto a drones da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), entre outros.

O home é veciño da parroquia de San Xurxo de Vea, na Estrada e non se tiña noticias el desde a tarde do pasado sábado 17 de agosto ao redor das 16,00 horas, momento no que os seus familiares comezaron a ter constancia da súa falta.

A familia púxose en contacto coa Guardia Civil na mañá do domingo para dar conta do sucedido. Con posterioridade, púxose en marcha un operativo de procura. Tamén a plataforma SOS Desaparecidos publicou en redes sociais unha descrición física para facilitar a súa localización.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS