Hemeroteca web  |  RSS   RSS
Domingo 19.05.2013  | Actualizado 12.21

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Santiagoteespera.com
Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

Máis de tres millóns de persoas seguiron a campaña 'Galicia non corazón'

SANTIAGO. EP  | 29.07.2012 
A- A+

Máis de tres millóns de persoas seguiron a campaña institucional do Día de Galicia que baixo o lema “Para levar a Galicia á cabeza hai que levala no corazón” puxo en marcha Xunta o venres día 20, segundo informou a propia Xunta Unhas 1.950.000 persoas accederon á campaña a través de prensa e radio; 700.000 a través da TV e máis de 500.000 fixérono a través das distintas plataformas online (entre elas a web da Xunta de Galicia) e das redes sociais da campaña.

Os datos reflicten o importante nivel de difusión e repercusión da campaña, sobre todo a través das plataformas dixitais e das redes sociais. Proba disto son as máis de 87.000 visitas en Youtube, case 19.000 seguidores en Facebook, centos de comentarios e miles de comparticións en menos dunha semana de emisión.

A campaña “Galicia no corazón” estreábase o venres día 20 de xullo e, en apenas unhas horas, o spot rexistraba miles de visitas e publicacións en distintas redes sociais, foros, blogs…; algo que acada especial relevancia se temos en conta que se produciron antes do día de máxima exposición, o mércores día 25 de xullo.

O himno galego é o protagonista das distintas pezas das campaña para un día no que a Xunta rende homenaxe ao pobo galego. Nun momento de dificultades económicas, a campaña pretende ser un reflexo do anhelo de Galicia de crecer, de saír adiante, de erguerse e de triunfar no mundo.

No spot participaron máis de 150 figurantes (cidadáns anónimos galegos de diversas idades, que aparecen desempeñando as súas diversas actividades profesionais representando o pasado, presente e futuro da comunidade) para achegar de forma emotiva a idea de que unidos podemos levar a Galicia á cabeza, empregando o xesto de levantarse como metáfora visual de esas ansias de crecemento e superación. Un mapa de Galicia que conforma a idea da Galicia emerxente, creativa, múltiple e emprendedora.

Nota: nos seguintes enlaces poderán coñecer, en cada momento, as visitas realizadas á campaña a través de Youtube e Facebook.

YOUTUBE: http://www.youtube.com/user/xuntadegalicia
FACEBOOK: www.facebook.com/GaliciaNoCorazon

 

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado. De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS