Hemeroteca web | RSS  RSS     Sábado 14.09.2019 Actualizado 15:12
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

Medio Rural aposta por gando autóctono para previr incendios forestais

LUGO. EFE  | 14.08.2019 
A- A+

O conselleiro de Medio Rural, José González, sinalou que a Xunta de Galicia "aposta polas razas autóctonas galegas" co gallo de mellorar a rendibilidade das explotacións agrogandeiras e, así mesmo, previr os incendios forestais.

Así o asegurou o titular de Medio Rural durante a súa visita deste martes a un monte comunal de Friol (Lugo), onde conviven de forma "multifuncional" explotacións gandeiras de porco celta e cabra galega en réxime semiextensivo con bosques para o seu aproveitamento forestal.

Segundo González, entre as múltiples vantaxes que ofrecen estes animais atópase a súa "capacidade rozadora natural", especialmente no caso do gando porcino.

"Axudan á limpeza dos montes e prevención de incendios forestais, ademáis de ofrecernos produtos cun valor engadido que permite que pervivan este tipo de explotacións e recuperar poboación no rural", indicou.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS