Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 01.43

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Portada  |  RSS - Portada RSS

¿FOLGA XERAL?

Miles de persoas maniféstanse nas principais localidades galegas

27.01.2011  "UXT e CCOO sindicatos do patrón" foi un dos lemas máis coreados na mobilización organizada pola CIG

4.7/5 [3 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EFE. A CORUÑA

Miles de persoas manifestáronse hoxe nas principais cidades galegas na xornada de folga xeral convocada polo sindicato CIG en contra da reforma das pensións.

Unha das manifestacións máis multitudinaria tivo lugar na Coruña, onde a protesta contra a reforma das pensións, que atrasa a idade de xubilación ata os 67 anos, concentrou nesta cidade máis de 5.000 persoas.

"Esta folga era necesaria e serán máis as que convoquemos", anunciou o secretario xeral de CIG na Coruña, Paulo Carril, na súa intervención ante a subdelegación do Goberno da cidade.

Ó berro de "UXT e CCOO sindicatos do patrón", os manifestantes -nunha cifra que podería alcanzar as 10.000 persoas segundo CIG- percorreron o centro da Coruña en protesta por unha reforma que non "respecta os intereses dos traballadores", subliñou Carril, quen criticou o apoio dos sindicatos maioritarios á proposta do Goberno.

A manifestación, á cal acudiron numerosos cargos do BNG, como o voceiro nacionalista no Congreso, Francisco Jorquera, ou o parlamentario Carlos Aymerich, transcorreu "sen incidentes", a pesar da "actitude policial" que "lles impediu ós piquetes informativos" realizar o seu labor, denunciou Carril.

En Santiago de Compostela, varios miles de persoas saíron á rúa para protestar contra a reforma das pensións. A manifestación, encabezada polo secretario comarcal da CIG, Anxo Noceda, partiu da Praza Roxa pasadas as 12:30 horas con destino á Praza de Praterías, no casco histórico, baixo o lema "En defensa das pensións e do traballo".

No transcurso da manifestación polas rúas da capital galega, os manifestantes gritaron consignas como "Non ó roubo das pensións", "Queremos traballar e non emigrar", "Contra a reforma, contra o capital, folga xeral" ou "CCOO e UXT, lacaios do poder", en alusión ás dúas centrais sindicais que non secundaron a convocatoria de folga.

Miles de persoas participaron en Vigo na principal manifestación de cantas convocou a CIG en toda Galicia contra da reforma das pensións, encabezada polo seu secretario xeral, Suso Seixo, e polo voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez.

Senllas pancartas cos lemas "En defensa das pensións e do emprego" e "Defendamos o emprego e o salario. A crise que a pague o capital" e unha gran esteleira, a bandeira nacionalista galega, encabezaron a manifestación, que partiu do cruzamento da Dobrada con Urzáiz camiño da Porta do Sol, punto final da marcha.

A CIG conseguiu reunir unhas 2.500 persoas na manifestación de Lugo que partiu das inmediacións da casa sindical, para concluír ante a subdelegación do Goberno.

Preto dun milleiro de persoas reuníronse na manifestación de Ourense nunha xornada que estivo marcada polos escasos incidentes durante toda a mañá.

Ademais de nestas cidades celebráronse manifestacións en Cee, Pontevedra, Vilagarcía, Ferrol, Burela, Verín, Xinzo, O Barco e Ribeira.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS