Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 01.43

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Portada  |  RSS - Portada RSS

CADERNO ABERTO

Negra crise

13.05.2010 

5.0/5 [6 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO

Negra crise ou negra sombra. Como no poema de Rosalía de Castro -permítaseme aquí unha versión parafrástica- a crise torna facéndonos mofa e continúa a nos asombrar a todos. Chegou, instalouse e non se foi. En todo está e ela é todo. Veremos. Mais así é. Xa o pasado 5 de febreiro o director do Fondo Monetario Internacional, Dominique Strauss-Kahn, cualificaba de "moi forte" -palabras textuais súas- a crise económica en España, e engadía algo que pode ser interpretado nunha liña de tensión que vai dende a advertencia até a ameaza: "Os españois deberán facer un esforzo, un esforzo considerábel". Días despois, o día 9 de febreiro, o Premio Nobel de Economía, Paul Krugman, dicía que a pesar de ter posto a prensa o foco dos problemas da Eurozona en Grecia, "o corazón da crise é España". Talmente. E aínda engadía este Nobel de Economía convertido en valente profeta tráxico: "España semella agora condenada a sufrir anos de deflación e moito paro". Negra crise, pois. A crise negada unha e tres veces está aquí máis ca nunca, como unha sombra que agora é densa, ten volume e pesa sobre nós todos. E nisto chega, por fin, José Luis Rodríguez Zapatero: a insoportábel levidade do oráculo. Drástico plan de axuste. ¿Lux socialista contra a negra crise? Eu estou de acordo con Juan Antonio Barrio, portavoz de Izquierda Socialista, corrente interna do PSOE, que non entende de ningunha maneira que sexan "os funcionarios, os pensionistas e as nais" os que teñan que pagar -perdedores, ao fin e ao cabo- as veleidades e as estratexias interesadas do deus Mercado apostólico, neoliberal e globalizado. As rendas altas e a banca, por pormos un exemplo inocente, non pagan a negra crise, non. Pobriños eles, co que levan sufrido. Lux socialista española. A crise fainos mofa e son os de abaixo, os de sempre, os condenados. A banca, esa banca que tantas veces roza a usura, vaise de rositas polo campo neoliberal adiante. E o Gran Xefe pídelle a Zapatero por teléfono "accións contundentes". Un escudeiro é un escudeiro.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS