Hemeroteca web | RSS  RSS     Martes 11.12.2018 Actualizado 21:23
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

investigación

Os rapaces bilingües desenvolven mellor a memoria de traballo que os monolingües

MADRID/SANTIAGO. EP  | 07.02.2013 
A- A+

Os nenos bilingües teñen máis facilidade para desenvolver a "memoria de traballo", relacionada coa execución de procesos mentais como o almacenamento temporal da información e o procesamento e actualización desta, que os nenos que falan unicamente unha lingua, segundo un estudio realizado de forma conxunta pola Universidade de Granada, a Universidade de York e a Universidade de Toronto.

A investigación, que foi publicada no último número da revista 'Journal of Experimental Child Psychology', levouse a cabo cos obxectivos de avaliar de qué xeito o feito de empregar varios idiomas inflúe sobre o desenvolvemento da "memoria de traballo" e de "explorar o papel que ten a memoria de traballo na superioridade cognitiva dos bilingües atopada en estudios previos", indicaron.

Así, os nenos bilingües de entre 5 e 7 anos que participaron no estudio realizaron mellor as tarefas que implicaban memoria de traballo que os seus coetáneos monolingües. A vantaxe que obtiveron fronte a estes foi maior cando as tarefas implicaban unha esixencia maior doutras funcións cognitivas.

A autora principal do estudio e investigadora do departamento de Psicoloxía Experimental da Universidade de Granada, Julia Morais Castillo, sinala que os resultados indican que o bilingüismo "non inflúe na mellora da memoria de traballo de forma illada senón que o fai de forma global no desenvolvemento de funcións executivas e, de forma especial, cando estas teñen que interactuar entre si".

As funcións executivas son un conxunto de mecanismos que se encargan da planificación e autorregulación da conduta humana, entre os que se atopa a memoria de traballo. Trátase dunha capacidade que se vai desenvolvendo nos primeiros anos de idade, pero que pode adestrarse tamén se demostrou e mellorar coa experiencia", segundo explicaron os autores da investigación.

Por outra parte, Morales Castillo sinalou que o estudio achega "claras evidencias" da influencia do bilingüismo sobre a memoria de traballo, fronte a traballos anteriores que unicamente demostraban que os nenos bilingües son máis hábiles en tarefas de planificación e control cognitivo. Neste sentido destacou que os escolares que participaron no estudio e que falan máis dunha lingua o fan "simplemente por circunstancias familiares, e non porque tivesen unha especial preferencia polos idiomas".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS