Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 18.09.2019 Actualizado 20:26
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

Núñez Feijóo comparte no seu perfil de Instagram unha foto co seu fillo

O presidente da Xunta acompañou a imaxe coa frase "galego coma min"

Feijóo, nun parque infantil, xunto ao seu fillo Alberto - FOTO: INSTAGRAM
Feijóo, nun parque infantil, xunto ao seu fillo Alberto - FOTO: INSTAGRAM

REDACCIÓN  | 20.08.2019 
A- A+

Celoso da súa vida privada, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sorprendeu onte aos seus seguidores na rede social Instagram ao colgar no seu perfil unha imaxe na que aparece xunto ao seu fillo, que tamén se chama Alberto. A fotografía ía acompañada coa frase, non exenta de lectura política, " galego coma min".

Na imaxe vese ao titular do Executivo autonómico nun parque infantil mentres observa como o seu vástago, ao que se ve de costas, goza xogando nun balancín.

É a segunda vez que Feijóo fai pública unha imaxe do neno. A primeira foi xusto o día que naceu, o 15 de febreiro de 2017. Entón, o líder do PPdeG recorreu tamén ás redes sociais -naquela ocasión fíxoo a través da súa páxina de Facebook- para colgar como foto de perfil unha imaxe na que se vía a súa man xunto á do pequecho, froito da relación que mantén coa empresaria inmobiliaria Eva Cárdenas. Ambos deron a coñecer que esperaban un fillo en setembro de 2016, en plena campaña electoral.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS