Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 01.43

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Portada  |  RSS - Portada RSS

o novo partido socialista

Pachi Vázquez chama os críticos a buscar "acordos de integración"

07.02.2012  Está satisfeito porque Galicia ten máis representación na dirección federal do PSOE que o PSC

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

SANTIAGO. EP

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, comprometeuse este martes a destinar todas as súas "enerxías" á busca de "acordos de integración" para lograr un partido "forte e unido" que poida presentar unha "alternativa política" ao PPdeG nun momento no que, segundo os seus cálculos, danse as circunstancias para que perda o Goberno de Galicia". "O desafío agora non está dentro do partido, está fóra", subliñou.

"O PP xa empezou a costa abaixo", sostivo en rolda de prensa e, preguntado pola súa posición dentro do seu partido despois do congreso do que saíu elixido Alfredo Pérez Rubalcaba secretario xeral socialista, indicou que o PSdeG afrontará un conclave en marzo co obxectivo de "estar unido e fortes" para ser "alternativa" en Galicia. "E teño o convencemento de que todos, todos, unirán os nosos esforzos", incidiu.

Sobre unha eventual candidatura de integración coa vista posta na cita do próximo mes, insistiu en que o seu propósito é "construír unha alternativa forte para vencer ao PP". "Como secretario xeral, vou facer unha proposta na que todo o que vou facer e a pensar está dirixido a iso", sinalou. En todo caso, puntualizou que ese é o seu "obxectivo" e asumiu que "haberá quen queira estar e quen non queira estar" nesa tarefa.

Pola súa banda, iso si, puxo "o contador a cero", segundo as súas propias palabras, e mostrou "respecto total" cara a os que acudiron a Sevilla cunha ou outra preferencia. "E o meu contador a cero só ten un obxectivo: estar fortes e unidos para dar unha alternativa política a este país", reiterou, convencido de que "é máis que posible" impedir que o PPdeG obteña outra maioría absoluta nos próximos comicios autonómicos.

Neste escenario, descartou "cuestións persoais" e deixou claro que a súa "non é unha proposta de nomes", senón que é "ampla, total e absoluta" pensando "no partido na súa totalidade". "Cada un teraa que tomar na medida en que queira, e se outros compañeiros teñen outra proposta, terán que formulala", resolveu, convencido de que serán "unha inmensa maioría" da súa formación os que busquen "puntos de encontro".

REPRESENTACIÓN GALEGA NO PSOE

En canto á posición de Galicia nos órganos de dirección do PSOE a nivel federal, Pachi Vázquez mostrouse satisfeito porque esta comunidade ten "máis representación" que o PSC. "O congreso dálle máis forza a Galicia", recalcou.

No que respecta ao seu posto como vogal na executiva, agradeceu "enormemente" a Rubalcaba que un líder do PSdeG volva formar parte da dirección. "Algo que non pasaba ultimamente", recordou, "orgullosísimo de representar os socialistas galegos" na directiva do PSOE.

Sobre a presenza de persoas críticas co seu liderado e a exclusión doutras afíns no Comité Federal --máximo órgano do partido entre congresos--, rexeitou "poñer en cuestión" persoas de "moito calado e moito peso político" e asegurou que apoia os catro nomeamentos --un por provincia--.

PARTIDARIO DE PRIMARIAS

Por outra banda, sobre o sistema polo que se designará o próximo candidato socialista a Presidencia de Xunta, explicou que "non quedou claro" no congreso desta fin de semana porque certas emendas "quedaron relegadas" á conferencia política de antes do verán, pero se mostrou partidario de que "haxa primarias".

"A nosa vontade é canto máis amplo sexa o modelo participativo en primarias máis fortaleceranos", defendeu e, sen poder precisar se seguirán o modelo francés --aberto a simpatizantes-- mostrouse convencido de que se debe "implicar á sociedade" na toma destas decisións".

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS