Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

autor de cómics premiado internacionalmente

'El Patito Editorial' presenta a edición en galego de 'Ardalén', o último traballo de Miguelanxo Prado

Nesta longa historia, unha auténtica novela, o lector atopará moitos dos motivos de reflexión habituais da obra de Prado xunto cunha delicada e emocionante resolución gráfica

SANTIAGO  | 19.11.2012 
A- A+

Miguelanxo Prado volve á area literaria coa edición en galego de 'Ardalén' e da man de El Patito Editorial, e faino ao completo, xa que nesta obra ñe autor do guión e dos debuxos.

Somos o que recordamos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable, porque tamén somos o que os demais recordan de nós. Sabela intenta reconstruír unha historia, unha parte da súa historia a través dos recordos de Fidel. Pero hai máis fíos que se van enguedellando nese proceso de recuperación.

E nesas memorias, propias e alleas, hai amor e cariño, rancores e odios. Por iso recordar non é inocuo. O esperado libro de Miguelanxo Prado chega por fin as nosas librerías en lingua galega, en primicia internacional da man de El Patito Editorial. Nesta longa historia, unha auténtica novela, o lector atopará moitos dos motivos de reflexión habituais da obra de Prado xunto cunha delicada e emocionante resolución gráfica. Un relato no que os personaxes van tecendo unha rede de historias e paixóns que se van entrecruzando ao mesmo tempo que aumenta o suspense e o misterio, ata chegar a un magnífico final case operístico.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS