Hemeroteca web | RSS  RSS     Mércores 11.12.2019 Actualizado 19:33
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

Preséntase en Santiago o libro ‘Palabra de Patriotas’, de Salvador Soutullo

Trátase da segunda parte dunha compilación de entrevistas realizadas a políticos históricos e actuais // O acto será este xoves e o autor estará acompañado por Xosé Manuel Beiras

Salvador Soutullo - FOTO: ECG
Salvador Soutullo - FOTO: ECG

SANTIAGO  | 10.07.2019 
A- A+

Este xoves ás 20:30h na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo,55, en Compostela) será presentado o libro de conversas ‘Palabra de Patriotas’, de Salvador Soutullo Carolo. Trátase dunha compilación de entrevistas realizadas a políticos históricos e actuais como Xosé Manuel Beiras ou Ana Pontón. A través das súas palabras, o autor ofrece unha visión conxunta sobre o pasado, presente e futuro do nacionalismo en Galicia. No acto de presentación estarán presentes o propio autor e Xose Manuel Beiras.

Este libro é a segunda parte ou a continuación doutro na mesma liña, que tal como explicaba o autor contiña "entrevistas que fixen entre 2007 e 2009 a Bautista Álvarez, Xosé Manuel Beiras, Camilo Nogueira, Antón Arias Curto, Francisco Rodríguez e Ana Pontón. Trátase de seis conversas dun total de quince. A segunda parte seguirá a misma liña, con outras persoas de relevancia no nacionalismo galego, tanto a nivel político como sindical".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS