Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Portada  |  RSS - Portada RSS

CADERNO ABERTO

O programa oculto da dereita

26.05.2011 

4.9/5 [32 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO

Vai resultar que o Goberno PSOE de Rodríguez Zapatero leva a cabo políticas de dereita, aplicando como aplica, sen enrubescer en ningún momento, políticas económicas neoliberais; e, como di o economista Alberto Garzón Espinosa, os socialistas españois están renunciando a unha saída progresista da crise e están apostando por unha saída regresiva que, en teoría, se corresponde fundamentalmente co eixo ideolóxico do Partido Popular. E así mesmo é. O PSOE de Rodríguez Zapatero -cadáver político agora mesmo, despois das pasadas eleccións, en estado puro- fai política de dereitas, e a dereita política representada polo PP, moi satisfeita no fondo, observa o fiasco, contempla a caída electoral socialista, gaña milleiros de votos (tampouco foron tantos) e agarda pacientemente -razón estoica: impasibilidade e imperturbabilidade-, porque, de seguirmos así, axiña chegará ao poder. ¿Mais cal é, con todo, se é que existe, o programa político propio da dereita española? ¿Será moi distinto do que xa aplica, tan dereitosamente, o actual Goberno do PSOE? Vexamos. Esperanza Aguirre, por exemplo, outravolta presidenta da Comunidade Autónoma de Madrid, presentou un programa electoral contido en 48 páxinas con moitas fotografías, entre elas 30 imaxes persoais da candidata, e un, lendo tal tocho exhibicionista, só chega a albiscar que o programa consiste en aplicar recortes e promocionar a austeridade. ¿E que hai das privatizacións, señora? ¿E da fiscalidade para os ricos, e da vivenda, e das actuacións sociais, e das infraestruturas...? Rien de rien. E un chega á conclusión de que a dereita política española ten un programa oculto, coincidente en moitos dos seus puntos co que está a levar a cabo, tan dilixente el, José Luis Rodríguez Zapatero. Díxoo con admirábel claridade Gaspar Llamazares: "O programa explícito do PSOE é o programa oculto do PP". E isto xa o dicía no ano 2010, engadindo algo que agora se cumpriu: "A política neoliberal de axuste duro que aplica o PSOE pode levalo á ruína". E así foi..

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS