Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Portada  |  RSS - Portada RSS

na marxe esquerda

(Contra)reforma, (des)emprego e (de)crecemento

22.06.2010 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

ALFREDO IGLESIAS DIÉGUEZ

Para Alexandre López, o compañeiro de "Véspera de nada", a quen lle debo a orixe desta reflexión

 

Diciamos a semana pasada que a nova contrarreforma laboral aprobada polo goberno, aínda que non foi aplaudida nin pola dereita nin pola patronal, que non a considera máis que unha reformiña, obedece aos intereses das clases dominantes, como recoñecía o director xerente do Fondo Monetario Internacional (FMI), Dominique Strauss-Kahn, quen tras reunirse co presidente do goberno Rodríguez Zapatero afirmou que "vai na dirección correcta, aínda que pode mellorar no proceso parlamentario".

Esta nova contrarreforma, como todas as que a preceden nos últimos vinte anos, só busca un obxectivo: desmantelar as conquistas laborais da clase traballadora e establecer novas condicións laborais, máis drásticas que as precedentes: abaratamento do despedimento, maiores facilidades para declarar o despedimento procedente, precarización das condicións laborais dos novos tipos contractuais...

O máis grave, non obstante, é a insistencia con que o goberno e os promotores da reforma afirman que o obxectivo da reforma non é outro que a creación de emprego estable e de calidade. Acaso non saben que para crear emprego hai outras receitas máis axeitadas? Adoito, os economistas keynesiáns e os reformistas en xeral insisten en que en tempos de crise é o crecemento económico, habitualmente estimulado polo gasto público, é o método máis eficaz para xerar emprego: esa foi a cerna do New Deal norteamericano dos anos trinta e da reconstrución de Europa na segunda posguerra. Non obstante, antes de abrazar esa condición cegamente, debemos tomar en consideración dúas consecuencias negativas derivadas dese modelo de crecemento keynesián ou reformista: primeira, a fractura social, maior nas sociedades neocolonizadas do Sur que nas sociedades do Norte (nas que un poderoso movemento obreiro garantía os dereitos laborais da clase traballadora), pero presente en todo caso; segunda, a destrución ecolóxica do planeta.

Velaí a razón pola que cómpre xerar emprego con outro modelo de crecemento, cando non cun modelo de decrecemento, cada vez máis necesario para garantir o futuro da humanidade. Neste sentido, cómpre establecer estratexias de creación de emprego fundamentalmente orientadas en dous sentidos complementarios: en primeiro lugar, cara á creación de empregos públicos relacionados cos servizos sociais fundamentais (educación, saúde, atención ás persoas dependentes...); e, en segundo lugar, cara á recolocación das actividades económicas, o que significa que debemos orientar a nosa produción de bens de consumo e alimentos cara a lugares máis próximos aos de consumo.

Efectivamente, vivimos nunha sociedade na que crecemento é sinónimo de progreso, mentres que decrecemento é sinónimo de retroceso; non obstante, para frear a pauperización de amplos sectores da poboación e a destrución do planeta, cómpre crear emprego de calidade cun modelo de crecemento sustentable, non favorecer o gran capital.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS