Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Portada  |  RSS - Portada RSS

VOTO EN BRANCO

Reforma ou involución?

13.06.2010 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

MANOEL SANTOS

Malia que non son un experto en temas laborais atrévome a realizar dúas negacións sobre a reforma laboral que se está a negociar en Madrid e que o Goberno disque aprobará por decreto o día 16 se non hai acordo entre patronal e sindicatos: non é necesaria... e non é reforma.

Non é nin moito menos necesaria cando menos para os que exercen, precisamente, a parte laboral da cuestión; mais si para os que viven na parte financeira. Vai máis orientada a recuperar da catarse a insaciábel teima especulativa do capitalismo virtual que a facilitar a vida da poboación en disposición de traballar. Todo para volver á irresponsábel situación anterior á crise.

E digo irresponsábel porque o peor é que a intención final da reforma non é a de crear emprego, senón a de recuperar a tolería do crecemento. E é precisamente a sociedade do crecemento continuo -que só crea emprego, precario e dependente, ciclicamente- o que é insustentábel, tanto para a vida social como para o mantemento da vida no planeta. A ecuación é tan sinxela como inapelábel: a maior crecemento económico -resultado da fatídica interconexión entre produción desaforada e consumo compulsivo-, menos recursos... e menos planeta. Os inxustos plans de axustamento que se estenden por Europa demostran que o limiar de resistencia -ou aguante- da clase traballadora diante dos abusos das elites financeiras está moito máis alto do que pensabamos. Porén, até onde chega o limiar de resistencia ambiental?

A segunda negación fala de que calquera reforma laboral supón unha perda de dereitos dos traballadores e traballadoras. Non é reforma, é involución. Chamémoslles ás cousas polo seu nome. Ou non son a flexibilización e a subvención dos despedimentos -vía fondo de garantía salarial- os principais piares da reforma? Ao cabo, este sistema económico, experto en socializar perdas e privatizar beneficios, fundaméntase nun alicerce básico: o debilitamento da clase obreira para desequilibrar a relación de forzas a favor do mundo empresarial e a súa impunidade.

Nun recente artigo de Iñaki Uribarri en Sin Permiso sobre a historia das cinco reformas laborais do último cuarto de século no Reino de España, o autor afirma que todas tiveron como obxectivo declarado a creación de emprego, e as catro últimas -dende 1994- a redución da temporalidade impulsada na reforma de 1984, ou o fomento do emprego indefinido.

No entanto, ningunha desas reformas foi eficaz no combate contra a temporalidade, especialmente porque a situación inestábel dos traballadores favorece á clase empresarial.

Ben, pensaredes, pero se cadra esas reformas anteriores si contribuíron cando menos á creación de emprego. Pois Uribarri pensa que as decisións empresariais sobre o investimento e a creación do emprego non dependen das relacións laborais e dos mercados de traballo. Máis ben, sexa cal sexa o mercado laboral existente, o emprego medra e o paro mingua en conxunturas económico-financeiras favorábeis, e neste sistema estas implican cada vez unha maior explotación da xente traballadora.

 

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS