Hemeroteca web
|
RSS
Mércores 19.06.2013
| Actualizado 13.49

Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela 1950-2002) será homenaxeado o 17 de maio de 2013 con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, segundo acordou a maioría plenario da Real Academia Galega (RAG), reunido este venres en A Coruña.
En declaracións aos medios tras o encontro, o presidente da RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín, destacou que se trata dunha figura "imprescindible" para comprender a dimensión do teatro galego, ao tempo que subliñou a "forza creativa" do homenaxeado.
A elección fíxose entre preto duns nomes que saíron á palestra do plenario da máxima institución da lingua galega, que tamén acordou o nomeamento de académico de honra a Arcadio López Casanova e académicos correspondentes a Xosé Manuel González Herrán, Luz Méndez, Fernando Ramallo, Olivia Rodríguez, Goretti Sanmartín e Xavier Vence.
"Trátase dunha figura moi importante", sinalou Méndez Ferrín sobre Roberto Vidal Bolaño. Un home que destaca, segundo a RAG, polo seu compromiso coa lingua galega e a súa faceta teatral.
"AUTOR IMPRESCINDIBLE"
Pola súa banda, o académico Eulogio Ruibal indicou que Roberto Vidal Bolaño é "un autor imprescindible" do século XX que abrangueu "con sensibilidade", ao longo da súa obra, temas de actualidade "como unha forma de loita".
Mentres, Margarida Ledo apuntou cara ao "rexistro múltiple" na obra do homenaxeado no Días das Letras Galegas do próximo ano. Tamén resaltou a súa faceta como "axitador do teatro" e creador "dun público para o teatro galego".
