Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 19.01.2018 Actualizado 20:38
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova multiconsulting

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

Santiago, a cidade das sete grandes con maior ingreso medio por fogar

Ferrol é a que presenta o maior índice de risco de pobreza

SANTIAGO  | 29.12.2017 
A- A+

Santiago é o concello, de entre o sete considerados grandes de Galicia, co maior ingreso medio por fogar (2.382 euros), segundo os datos que achega o Instituto Galego de Estatística. Compostela, malia non ter grandes empresas ou industrias, acubilla boa parte do aparello administrativo e de Goberno da comunidade autónoma. Ademáis, é unha das áreas sanitarias con centros de referencia e alberga o maior aeroporto de Galicia.

En Santiago, a estrutura de ingresos é a seguinte: o 57,45% procede de traballo por conta allea; o 9,46% do traballo por conta propia; o 29,41% de diferentes prestacións, e o 3,68% das rendas e outros ingresos.

Despois de Santiago, Lugo, con 2.243 euros, é o seguinte maior ingreso medio mensual por fogar, mentres que o máis baixo corresponde a Ferrol (1.951 euros). A cidade departamental vén padecendo unha crise continuada a raíz do drástico recorte de actividade de estaleiros públicos, que arrastrou a toda a industria auxiliar naval e que provoca unha perda progresiva de poboación. Ferrol rexistra o maior índice de risco de pobreza das sete grandes cidades galegas (18,92), fronte o máis baixo (11,4) que corresponde a Compostela.

Por outra banda, o 69,3% dos ingresos dos fogares residentes no concello de Lugo proceden do traballo. No concello de Ferrol esta porcentaxe sitúase no 54,32%. Neste concello o 43,38% dos ingresos dos fogares proceden de prestacións.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS