Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Portada  |  RSS - Portada RSS

CARA OU CRUZ

Os sete magníficos

04.05.2010 

1.0/5 [2 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

XOSÉ A. PEROZO

O mandato de Senén Barro chega ó seu final e será lembrado por moitas cousas positivas pero seguramente a máis significativa sexa o impulso de modernización que significa a consecución do campus de excelencia, o Campus Vida, para a USC nestes momentos de crise e tribulacións. Deixa sobre a mesa un reto que o seu herdeiro ou herdeira deberá administrar para non defraudar as expectativas espertadas en Compostela, en particular, e en Galicia en xeral. Na campaña electoral que a USC viviu estes días o proxecto de Senén Barro tivo un protagonismo discreto cando debeu ser un piar esencial para definir a xestión do futuro, do mesmo xeito que a defensa da Facultade de Medicina, íntegra e única en Santiago, debeu manifestarse como un dereito irrenunciable por parte das tres candidatas e os catro candidatos.

En ambas as dúas cuestións existiu certa morneza nunha campaña electoral sen precedentes, dun calado mediático espectacular, na que hoxe compiten sete magníficos/as e dos que só dous pasarán á gran final. Probablemente tantas candidaturas non deixaron ver a árbore dos programas reais, pero en Compostela agárdase que, nos próximos días, os dous finalistas expoñan claramente como administrarán a herdade do Campus Vida e a defensa de Medicina.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS