Xoves 09.09.2010  | Actualizado 10.57      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
[Noticia 1 de 1] Portada  |  RSS - Portada RSS

COMUNICACIÓN

O Sindicato de Xornalistas emprende medidas legais contra 'A Nosa Terra' por tres despedimentos que a empresa nega

26.03.2008 O despedimento produciuse o día logo dunha asemblea de traballadores

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EFE. SANTIAGO

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) anunciou hoxe que emprendeu medidas legais contra 'A Nosa Terra' polo despedimento de tres redactoras do diario dixital, que a directiva da empresa nega, ó afirmar que estas tiñan "un contrato por obra".

Segundo informa un comunicado do SXG, o despedimento produciuse o día logo dunha asemblea de traballadores, celebrada o 13 de marzo, na que 21 dos 29 empregados da compañía lle pediron explicacións á dirección sobre as causas do traslado das tres xornalistas de Santiago a Vigo, sede central de 'A Nosa Terra'.

A asemblea pediu por escrito que a dirección informase da liña editorial e das razóns para o traslado "forzoso" de tres redactoras e do coordinador do dixital, Xurxo Salgado, algo sobre o que "aínda non se deu explicación algunha", sinala a nota.

O SXG considera que eses despedimentos son, "ademais de ilegais, moralmente execrables, especialmente nunha publicación centenaria do significado de 'A Nosa Terra'".

Así mesmo, entende que a resposta da dirección (o despedimento desas tres persoas) á petición de diálogo da asemblea é "un intento de intimidar o cadro de persoal" que "cuestiona a viabilidade da nova etapa da publicación".

Por iso, o Sindicato de Xornalistas solicita a "inmediata readmisión" desas tres profesionais e unha "negociación aberta e clara" sobre o futuro da empresa.

"De non sentar a negociar, a dirección terá que facerlle fronte a un conflito de imprevisibles consecuencias", advirte a Executiva da central sindical.

Ademais, engade que os traballadores do dixital só pretendían "sacar adiante o que era un prometedor proxecto xornalístico que, catro meses logo do seu nacemento, está en crise por falta de diálogo sobre a liña editorial e o soporte técnico adecuado".

Pola súa banda, o conselleiro delegado da compañía, Afonso Eiré, negou que haxa despedimentos, porque as traballadoras "tiñan un contrato por obra", realizado con motivo da posta en marcha do dixital, e a directiva determinou rescindilo en lugar de contratalas de forma indefinida.

"Ese período acabou e decidiuse non renovarlles o contrato", puntualizou Eiré, quen engadiu que esa determinación responde á intención de "darlle un novo xiro ó dixital", que, ó seu xuízo, "non cumpría coas expectativas depositadas, ó non ter a calidade esperada".

Sobre o traslado a Vigo da redacción do diario dixital, o representante de 'A Nosa Terra' aseverou que "a redacción e a directiva da publicación xa estaba alí".

Concluíu Eiré afirmando que o abandono de Salgado do posto de coordinador da publicación dixital é froito dun "acordo".

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS