Hemeroteca web | RSS  RSS     Domingo 26.04.2020 Actualizado 00:00
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

Rosario Martínez nos “Luns do Ateneo”

Sofía Casanova, a galega afincada en Polonia que elaborou as mellores crónicas xornalístas da Gran Guerra Mundial

Rosario Martínez na conferencia do Ateneo - FOTO: AS
Rosario Martínez na conferencia do Ateneo - FOTO: AS

SANTIAGO  | 04.02.2014 
A- A+

Sofía Casanova transmitiu nas súas crónicas xornalísticas a visión directa dos acontecementos que deron lugar a Primeira Guerra Mundial, a Revolución Rusa e a recomposición política de Centroeuropa e a mesma recomposición do mapa político coa formación do estado polaco, asegurou onte nos “Luns do Ateneo” a profesora e investigadora Rosario Martínez, a grande especialista na vida e na obra da intelectual galega, nada na Coruña  en 1861, e falecida en Polonia, donde viveu a meirande parte da súa vida, en 1958. Poeta, narradora e xornalista, Sofía Casanova é autora de numerosos libros e de 858 crónicas xornalísticas, publicadas no diario ABC, da que foi correspondente, entre 1915 e 1944.

A xornalista galega casou en 1887 co poeta e filósofo polaco Wicenty Lutoslanski, vivindo en Polonia, Croacia e Rusía, a excepción de dous anos 1896-98, vividos en Sada a onde se trasladou a familia. Casanova ten unha estreita relación coa intelectualidade galega do rexionalismo, así como cos principais poetas e escritores españoles do momento, sendo autora de numerosos poemarios, obras narrativas e mesmo teatrais de éxito.

A  presencia de Sofía Casanova en Europa, a súa grande cultura e coñecemento de idiomas é aproveitado pola prensa española, primeiro en 1915 polo xornal “El Liberal”, dirixido polo Compostelán Alfredo Vicenti e,  inmediatamente despois polo xornal ABC, que a fai correspondente e inicia a publicación das súas crónicas de guerra que facilitan información de primeira man e son seguidas con moito interese por un público que recibe con linguaxe clara, en primeira persoa, e dende o lugar dos acontecementos, a explicación detallada do que está a acontecer no centro do grande conflicto mundial.

Rosario Martínez biografiou con gran detalle, inclusive gráfico, a vida apaixonante desta galega que modernizou a crónica xornalística de principios do século XX e que malia a sua importancia intelectual aínda é un grande descoñecida en Galicia. O acto foi presentado polo tamén profesor José Manuel González Herranz e seguido por numeroso público que participou nun animado coloquio.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS