Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 06.12.2019 Actualizado 13:32
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

Un axuste de contas podería estar detrás dun tiroteo de película sen feridos en Castrelo

A investigación céntrase en localizar aos dous vehículos implicados con "unhas características xa perfiladas"

Control fallido en Ourense en busca dos autores - FOTO: TVG
Control fallido en Ourense en busca dos autores - FOTO: TVG

OURENSE. EUROPA PRESS  | 14.08.2019 
A- A+

As investigacións do tiroteo ocorrido o pasado luns na localidade de Padro no municipio de Castrelo de Miño (Ourense) barallan como hipótese un "posible" axuste de contas, dado que se cre que a visita do vehículo á vivenda "non foi circunstancial" e que tanto os ocupantes do mesmo como os inquilinos da casa coñecíanse, segundo informaron fontes consultadas por Europa Press.

Algunhas pescudas apuntan a que sobre as 23,00 horas do luns un vehículo chegou á vivenda no interior da cal había xente. A continuación produciuse unha discusión que deu lugar ao primeiro tiroteo coa posterior persecución de dous vehículos en dirección a Ourense.

Todo parece apuntar a que o segundo coche implicado na persecución "puidese" ser o propio dos inquilinos da vivenda, segundo trasladaron fontes próximas á investigación a Europa Press.

OS IMPLICADOS COÑECÍANSE

A investigación baralla que os implicados no tiroteo "coñecésense de maneira previa". O motivo da visita que desencadeou un tiroteo poderían ser "diferenzas contables" ou un intento de "limar posibles asperezas".

Por tanto, a hipótese do roubo con tentativa de forzamiento na porta da vivenda como motivo do tiroteo quedou descartada polos investigadores.

Ao non existir unha vítima interesada que presente unha denuncia o primeiro paso dos investigadores, indicaron as mesma fontes, céntrase en localizar aos dous vehículos implicados con "unhas características xa perfiladas".

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS