Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 20.09.2019 Actualizado 20:16
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

Varios bañistas sean da agua na Frouxeira logo de avistar tiburóns

Tra-lo desaloxo da zona por precaución, o areal de Valdoviño volveu á normalidade

Bañista da Frouxeira sostén a unha das crías de tiburón.
Bañista da Frouxeira sostén a unha das crías de tiburón.

SANTIAGO. EUROPA PRESS  | 16.08.2019 
A- A+

O avistamento dun grupo de tiburóns marraxo obrigou o xoves a varios bañistas a saír da auga na praia da Frouxeira, en Valdoviño (A Coruña), segundo informan a Europa Press fontes de Protección Civil.

Segundo estas fontes, foi nunha zona concreta dese areal na que os bañistas avistaron "marraxos pequenos", polo que, "por precaución", os socorristas instaron a abandonar a auga.

En calquera caso, non houbo ningún incidente, precisan as mesmas fontes, nunha xornada na que o regreso do anticiclón en plena ponte de agosto levou a numerosos galegos e turistas a desprazarse ás praias da comunidade, após varias xornadas de mal tempo.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS