Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 06.12.2019 Actualizado 13:32
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Noticia 1 de 1 Portada  |   RSS - Portada RSS

Vendas e pedidos da industria esborrállanse en xuño en Galicia

As primeiras cederon un 8,3% e os segundos un 5,9% // No conxunto estatal o retroceso foi do 5% e o 3,3%, respectivamente

Na imaxe, instalacións de Cortizo, fabricante de aluminio e PVC para arquitectura e industria. - FOTO: REMITIDA - Arquivo
Na imaxe, instalacións de Cortizo, fabricante de aluminio e PVC para arquitectura e industria. - FOTO: REMITIDA - Arquivo

SANTIAGO. EUROPA PRESS  | 14.08.2019 
A- A+

A cifra de negocios da industria baixou un 8,3% en xuño en Galicia en relación co mesmo mes de 2018, mentres que as entradas de pedidos do sector reducíronse un 5,9%, de acordo cos datos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE).

No conxunto estatal, a facturación diminuíu un 5% o pasado mes de xuño respecto ao mesmo mes de 2018, o seu maior recorte en tres anos, mentres que as entradas de pedidos do sector descenderon un 3,3%.

Co dato interanual de xuño, a facturación da industria regresa a taxas negativas e marca o seu maior descenso desde xullo de 2016, cando as vendas se afundiron máis dun 8%. Pola súa banda, os pedidos encadean dous meses consecutivos de caídas, aínda que a rexistrada en xuño é a máis pronunciada desde marzo de 2018.

Corrixido o efecto calendario e a estacionalidade, a cifra de negocios da industria baixou un 0,7% en xuño, mentres que os pedidos, pola contra, avanzaron un 0,9% interanual.

En termos mensuais (xuño sobre maio) e corrixindo a estacionalidade e o efecto calendario, a facturación da industria caeu un 0,5%, fronte ao retroceso do 0,3% de maio, en tanto que as entradas de pedidos repuntaron un 1%, en contraposición ao forte descenso do 9% experimentado o mes anterior.

 

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS