Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
[Noticia 1 de 1] Portada  |  RSS - Portada RSS

dende as ondas

Xubilarse coas botas postas

30.01.2011 

1.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

ANTONIO GUTIÉRREZ

Xa está consumado. De momento. A día de hoxe o Goberno, CCOO e UXT estiman que poderei desfutar da plena liberdade aos 67. Dous anos antes se tiven sorte á hora de atopar un traballo e cumpro a cifra máxica, nin para ti nin para min, deixémolo no xusto termo medio dos 38"5 que é onde está a virtude. Iso se non malvivín a poder de contratos lixo, que tanto abundan mesmo nas empresas públicas, se o empresario cotizou por min o tempo que traballei, se me deron de alta na seguridade social o mesmo día que comecei a cumprir co contrato... Tantos imponderables que a medida vai rachar con calquera resto de igualdade que poida quedar para o daquela no tramado social. Porque veremos como se xubila xente máis nova cos mesmos dereitos. Como vemos agora na casa cincuentóns retirados de empresas con beneficios e aos que lles imos pagar a pensión durante décadas.

Todo o mundo medianamente sensato coincide na necesidade de aumentar a idade laboral. A esperanza de vida é cada día maior e polo tanto o sistema acabará por volverse insostible se temos que pagarlle máis anos a cada pensionista. No entanto, temo que levantamos moita poeira para nada, porque lonxe de chegar a unha solución definitiva, o Executivo e as centrais maioritarias só adiantaron o escenario futuro. Esta é unicamente unha medida educativa, para írmonos acostumando ao que nos agarda. Pero están tan afeitos a vivir na mentira e na manipulación que non se puideron resistir a vendernos a burra de que o acordo garante o sistema público de pensións ata o 2025. Nada máis lonxe da realidade. Porque, en boa lóxica, a esperanza de vida seguirá a medrar. Haberá máis avós, con máis anos e máis doenzas propias do paso do tempo. Polo tanto, haberá un notable incremento na demanda de atención médica e outros servizos. Quere dicirse que a quince anos para me xubilar sei positivamente que en realidade teño por diante non menos de vinte. E só que resulta moi duro dicilo xa mesmo e goberno e sindicatos prefiren adia-la pílula amarga o máis posible. Sempre que antes non peche a empresa e pase a engrosar a dramática lista dos case cinco millóns de parados que adornan os logros do partido socialista e obreiro de Zapatero e dos seus colegas.

O problema de fondo non está tanto na idade de xubilación coma no caduco modelo económico, na escasa produtividade, no case nulo investimento en I+D+I, na sempre adiada loita contra a sangrante fraude fiscal e a corrupción da caste política, tan amiga de prebendas, nos desbaldimentos e megacefalia das numerosas administracións públicas, na absurda rede de universidades e aeroportos... e na demografía. Hai xa un par de décadas algúns profesores da universidade compostelá agoiraban a catástrofe simplemente pola curva de poboación, que xa semellaba máis unha bomba atómica ca unha pirámide exipcia. Erraron o prognóstico por ben pouco, sobre todo porque naqueles anos era imposible predicir que a inmigración e o retorno dos emigrados ían mitigar algo a morte anunciada dun país no que ter fillos está castigado fiscalmente.

Nada se vai resolver cunha xubilación atrasada se non nos volvemos máis produtivos, máis imaxinativos, máis conscientes dos retos do futuro inmediato e tamén máis solidarios. Como non se ergue un país é organizando ridículas pantomimas a maior gloria dun sindicalismo decimonónico e cavernícola. A folga deste xoves, por exemplo, non valeu para nada útil. Sabíase, e aínda así convocouse. O único logro foi que os catro frustrados de sempre con nulo espírito democrático volvesen amosar a súa faciana mafiosa. Tamén serviu para que algún neno de tres anos chorase de fame nun vehículo atrapado no centro de Santiago porque a un feixe de esterco lle deu por montar unha barricada á hora na que os cativos saían da escola. Toda unha proeza contra o gran capital asoballador. Botín non dorme estes días..

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS