Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Portada » Última Hora  |  RSS - Última Hora RSS

RESULTADOS

O 061 atendeu na noite de San Xoán 41 intoxicacións etílicas e por drogas, nove accidentes de tráfico e 11 queimaduras

24.06.2009  As idades das persoas afectadas polo lume oscilan entre os 10 e os 60 anos

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

AGN. SANTIAGO

A central de coordinación do 061 de Galicia atendeu durante a noite de San Xoán (desde as sete da tarde do martes ás sete da madrugada do mércores) 41 intoxicacións etílicas e por drogas, nove accidentes de tráfico e 11 queimaduras provocadas polas fogueiras.

A Coruña, con 23 intoxicacións por consumo de alcol e drogas foi a provincia que rexistrou o maior número de atencións, seguida da de Pontevedra, con 16, e a de Lugo, con dúas. Un 59% dos afectados tiña idades comprendidas entre os 15 e os 29 anos. Das 41 persoas atendidas, 16 non precisaron traslado, mentres que dúas foron enviadas a un centro de saúde e 23 a un hospital.

Das 11 queimaduras rexistradas na comunidade autónoma, Urxencias Sanitarias asistiu na Coruña seis casos, tres en Pontevedra e dous en Lugo. As idades das persoas afectadas foron neste caso entre os 10 e os 60 anos, cun incremento a destacar entre a franxa de dez a 30 anos, co 73% dos casos rexistrados. Cinco dos queimados tiveron que ser atendidos nun centro hospitalario.

A patoloxía con menos casos rexistrados foi a dos accidentes de tráfico, aínda que en canto a número supuxeron o mesmo que o de persoas atendidas que no caso das queimaduras.

O 061 contabilizou un total de nove accidentes. As idades van neste caso desde os dez ós 69 anos, cun 55% dos accidentados con idades comprendidas entre os 15 e os 29 anos. Das 11 persoas que precisaron atención, dez foron trasladadas a un hospital e unha atendeuse no lugar onde se produciu o sinistro.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS