Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Portada » Última Hora  |  RSS - Última Hora RSS

INFRAESTRUTURAS

O AVE entre Galicia e Madrid estará completo no 2015

24.06.2009  O anuncio fíxose tras o encontro entre Feijóo e José Blanco

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EUROPA PRESS. MADRID

O Ministerio de Fomento e a Xunta fixaron hoxe o novo escenario de execución do AVE a Galicia, que contempla a posta en servizo de distintos tramos deste corredor a partir de finais de 2011 co obxectivo de que estea ó completo no horizonte do 2015, segundo anunciou o ministro de Fomento, José Blanco.

Para iso, anunciaron licitacións e adxudicacións desta infraestrutura por importe total de 4.678 millóns de euros entre 2009 e 2010, o cal, segundo afirmou Blanco, constitúe "o maior impulso dado a un AVE en España en tan pouco espazo de tempo".

Ademais, e co fin de que Galicia empece a gozar dende o 2012 dos beneficios da Alta Velocidade, Fomento encargaralle a Renfe novos trens AVE, fabricados a partir dun prototipo deseñado por Talgo que permite circular a Alta Velocidade por vías de ancho convencional e sen electrificar.

Segundo o Ministerio, a posta en marcha destes trens permitirá recortar en tres horas o actual tempo de viaxe en tren entre Madrid e A Coruña. Blanco realizou este anuncio nunha comparecencia conxunta co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión que ambos os dous mantiveron esta tarde en Madrid.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS