Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Portada » Última Hora  |  RSS - Última Hora RSS

DECISIÓNS

A CIG rexeita a proposta de convenio do metal e mantén a folga

24.06.2009  CCOO e UGT estudarán as condicións

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EUROPA PRESS. VIGO

A CIG manifestou hoxe o seu rexeitamento á proposta de convenio colectivo do sector metal para a provincia de Pontevedra realizada polos mediadores da negociación e, polo tanto, anunciou que mantén a folga, que para mañá incluirá as empresas con convenio propio. Pola súa banda, UGT e CCOO analizarán nas próximas horas a formulación da mediación, así como a continuidade das mobilizacións.

Nunha asemblea de traballadores na Praza do Rei de Vigo o representante da CIG, Antolín Alcántara, considerou que a oferta realizada pola mediación -que recolle un incremento salarial de 2,5 puntos para 2009, o IPC e un 1,5 para 2010, e o IPC co 1,25 para 2011, sen que se teña en conta o IPC en caso de que sexa negativo- está "avalada" polos empresarios, polo que "non vale" para o seu sindicato.

Así, asegurou que "o tempo que pase" ata a sinatura do convenio, os traballadores "van estar aí a complicarlles a vida" ós empresarios, ós que advertiu de que "non vai haber paz". "Para nós isto continúa, sen ningunha outra flexibilidade,", asegurou, en referencia á petición dos mediadores de desconvocar temporalmente a folga mentres se reflexiona a oferta -que ten un prazo de resposta ata o 30 de xuño- .

Por outra banda, en canto a novas mobilizacións, propuxo que se o luns da próxima semana non hai acordo, o martes os traballadores se trasladen a Santiago. "Atoparannos diante da Xunta, porque a Xunta nunca estivo connosco, senón que estivo contra nós", aseverou.

A CIG celebrará en próximas horas unha asemblea para estudar as próximas mobilizacións e "alternativas" a levar a cabo e mantén a súa convocatoria de folga para todo o sector metal (incluídas as empresas con convenio propio) prevista para mañá. Esta mobilización non foi secundada por UGT e CCOO -que si convocaron no seu día, xunto á CIG, o paro indefinido para os traballadores afectados polo convenio provincial-, e que agora estudarán as condicións propostas para o convenio.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS