Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 14.12.2018 Actualizado 20:51
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Portada » Última Hora  |   RSS - Última Hora RSS

ÓBITO

Falece Ferreiro Pardiñas, un dos alcaldes decano de Galicia con máis de 30 anos na alcaldía de Cesuras (A Coruña)

O alcalde sufría dende había bastante tempo un cancro polo cal estaba a recibir quimioterapia

EUROPA PRESS. SANTIAGO  | 21.02.2008 
A- A+

Esta madrugada faleceu ós 61 anos de idade José Ferreiro Pardiñas (PP), un dos alcaldes máis veteranos de Galicia, xa que levaba como rexedor de Cesuras (A Coruña) máis de 30 anos, dende que en 1975 asumiu por primeira vez o bastón de mando deste municipio de pouco máis de 2.300 habitantes.   

Segundo confirmou o primeiro tenente de alcalde de Cesuras, Julián Lucas, a corporación celebrará un pleno en memoria de quen foi alcalde deste municipio durante tres décadas para "renderlle homenaxe" e declarar días de loito oficial.   

Ó respecto, destacou as "moitas maiorías absolutas" que conseguiu Ferreiro Pardiñas e cando non era así, subliñou a súa capacidade de diálogo porque "sempre soubo negociar cuns e con outros".   

Ferreiro Pardiñas era enxeñeiro técnico agrícola e con só 28 anos de idade, en novembro de 1975, converteuse no alcalde de Cesuras só uns días antes da morte do ditador Francisco Franco.   

Dende entón, continuou como rexedor en todas as etapas da democracia, primeiro en UCD, ata o ano 1983; logo no CDS ata 1991 e xa por último, baixo as siglas do PP. Ferreiro Pardiñas compaxinou a súa profesión como enxeñeiro técnico agrícola ata o ano 2000, cando se acolleu á dedicación exclusiva.   

Segundo explicou Julián Lucas, o alcalde sufría dende había bastante tempo un cancro polo cal estaba a recibir quimioterapia e levaba ingresado dende había 15 días.   

A corporación conta por lei cun prazo de dez días para designar o novo alcalde, posto para o cal se perfila o actual primeiro tenente de alcalde.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS