Mércores 08.09.2010  | Actualizado 17.09      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
Portada » Última Hora  |  RSS - Última Hora RSS

TRÁFICO

Falecen dous mozos de 24 e 25 anos e outra queda ferida tras saír da vía o seu turismo e colidir contra unha árbore en Lalín

24.05.2009 Os corpos dos dous mozos foron transladados pola funeraria ó Hospital de Conxo, en Santiago de Compostela, onde se lles practicará a autopsia

2.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

AGN. SANTIAGO

Dous homes de 24 e 25 anos faleceron esta madrugada ó saír da vía o coche no que viaxaban e chocar contra unha árbore no concello pontevedrés de Lalín. No accidente tamén resultou ferida outra moza, aínda que o seu estado é leve.

Segundo informaron fontes da Garda Civil de Tráfico de Pontevedra, os feitos ocorreron no punto quilométrico 5,100 da PO-902, á altura do lugar de Xesta, sobre as 07.55 horas. Fontes deste corpo de seguridade confirmaron que o 'Seat León' abandonou o viario pola marxe esquerda e chocou contra unha árbore causando a morte dos dous mozos no acto. Un deles era o condutor do vehículo, un veciño do lugar de Vilatuxe de 24 anos e cuxa identidade responde ás iniciais A.S.S., e o outro mozo, que viaxaba no asento traseiro, era un veciño de Lalín de 25 anos e iniciais E.L.C.

A moza, que sufriu lesións leves, ocupaba o asento do acompañante e foi a única sobrevivente do tráxico accidente, cuxa identidade responde ás iniciais M.S.T. Tal e como explicaron desde Tráfico, a moza puido saír de turismo polo seu propio pé e alertou os veciños do lugar do ocorrido para pedir axuda. Posteriormente, foi trasladada ó Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) nunha ambulancia do 061.

Así, puxéronse en contacto co servizo de urxencias, desde onde mobilizaron os Bombeiros do Deza, que se desprazaron ó momento cun equipo de excarceración para liberar os corpos das dúas vítimas mortais, porque quedaran atrapados entre os ferros do coche como consecuencia do forte impacto. Segundo confirmaron fontes do equipo antiincendios, para sacalos tiveron que cortar o teito do coche e retirar as dúas portas do lateral dereito, unha tarefa que lles levou uns 15 minutos. Explicaron ademais que, tras chocar contra unha primeira árbore, o coche impactou contra outra árbore.

Os corpos dos dous mozos foron transladados pola funeraria ó Hospital de Conxo, en Santiago de Compostela, onde se lles practicará a autopsia. Polo momento descoñécense as causas exactas do sinistro e as investigacións para determinar que ocorreu están en mans dos axentes de Tráfico.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS