Mércores 08.09.2010  | Actualizado 17.09      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Google
Portada » Última Hora  |  RSS - Última Hora RSS

para vencer ao PP en 2011

Pose sae elixido cun 83,2% dos votos e promete ser "o número un en traballo e ilusión"

03.10.2009 Tras agradecer a súa elección, Modesto Pose insistiu en que "o próximo reto" son as eleccións municipais de 2011 e asegurou que "traballará duro nelas"

0.0/5 [0 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P. PONTEVEDRA

Modesto Pose resultou elixido hoxe secretario provincial do PSdeG en Pontevedra cun 83,2 por cento dos delegados, algo polo que asegurou estar "eternamente agradecido". Por iso, prometeu ser "o número un en traballar e en ilusión", co obxectivo de vencer ao PP nas próximas eleccións municipais.

Despois de que a presidenta da Mesa do Congreso, Paula Fernández Pena (alcaldesa de Silleda), apuntase que a candidatura de Pose recibiu 109 votos a favor e 22 en branco, o novo líder provincial sinalou que o PSdeG "sabe cando discutir e debater e cando debe sumar e poñer todas as enerxías na mesma dirección". "E cando as pon, é imparable", evidenciou.

Tras agradecer a súa elección, Modesto Pose insistiu en que "o próximo reto" son as eleccións municipais de 2011 e asegurou que "traballará duro nelas". "Vaise decatar do que é un partido en pleno funcionamento", advertiu, tras indicar que o seu obxectivo é "traballar para gañar a partida ao PP".

 

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS