Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Portada » Última Hora  |  RSS - Última Hora RSS

SUCESOS

Sete mortos e dous feridos no afundimento dun edificio en Palma de Mallorca

26.10.2009  Os veciños din que estaba en moi mal estado, mentres a concelleira de Urbanismo o nega

2.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EFE. PALMA DE MALLORCA

Sete persoas morreron, unha delas menor de idade, e outras dúas resultaron feridas polo afundimento dun edificio en Palma por causas que se descoñecen, pero que os veciños atribúen ó mal estado do inmoble.

O suceso tivo lugar sobre as doce e media da noite cando se derrubou un edificio construído en 1959 con pedra porosa, típica de Mallorca, situado no número 21 da rúa Rodríguez Arias, onde os técnicos da compañía Gesa Endesa constataron durante a madrugada que non se produciu un escape de gas.

Fontes municipais explicaron que os sete mortos son un matrimonio alemán e membros dunha familia mallorquina e doutra colombiana, cuxos cadáveres foron recuperados ó longo do día polos equipos de rescate, que traballaron vinte horas nas ruínas.

Os veciños dos inmobles lindeiros denunciaron que o edificio se atopaba deteriorado e presentaba gretas, estado que empeorara por mor das intensas choivas caídas nas últimas semanas en Palma.

En cambio, a concelleira de Urbanismo, Yolanda Garví, asegurou, pola súa banda, que "nada facía presaxiar" o esborralle do edificio e que, pola súa antigüidade, os propietarios non tiñan a obrigación de someter o inmoble á Inspección Técnica de Edificios (ITE) de Palma.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS