Hemeroteca web | RSS  RSS     Venres 22.03.2019 Actualizado 12:48
El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Anova

Galicia Hoxe

Portada » Última Hora  |   RSS - Última Hora RSS

Un alumno do IES Chan do Monte crea un tradutor para documentos de Open Office

E.P. SANTIAGO  | 25.02.2007 
A- A+

O alumno do IES Chan do Monte de Marín (Pontevedra) Óscar Hermida creou o proxecto 'Traducíndote', co que se poden traducir documentos de Open Office, coa novidade de que a tradución pode realizarse sen necesidade de alterar o deseño dos arquivos.

A idea xurdiu o ano pasado cando o mozo, que cursa segundo do Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas, tivo que facer unha extensa tradución ao galego, ante o cal o profesor Manuel Morán lle ofreceu a posibilidade de desenvolver un tradutor.

A ferramenta está baseada no tradutor de código aberto 'Apertium' ao que engade avances como a posibilidade de traducir táboas, imaxes e outros elementos non textuais do documento. Ata o momento as traducións só podían realizarse sobre texto plano.

O tradutor tamén é compatible con documentos LaTex e MySQL e, recentemente, incorporou os formatos power-point e excel, así como bases de datos. Ademais, na práctica tamén serve para traducir documentos de Word, xa que poden converterse doadamente ao formato Open Office.

A ferramenta está aloxada na web www.ieschandomonte.es/traducindote, pero ademais pode ser copiado, modificado e distribuído libre e gratuitamente cunha licenza GPL, polo que poderá ser implantado en calquera outra web ou instalado en calquera sistema informático.

'Traducíndote' permite a tradución español-galego, galego-español, español-catalán, catalán-español, español-portugués, portugués-español, inglés-catalán e catalán-inglés.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un e-mail a info@galicia-hoxe.com. Titularidade e política de privacidade. Política de Cookies
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS