EFE. PONTEAREAS (PONTEVEDRA)
A xuíza do Xulgado Número 3 de Ponteareas deixou en liberdade o presunto autor do atropelo que provocou o falecemento dun home onte nesta localidade pontevedresa, aínda que lle imputa un presunto delito de omisión do deber de socorro, segundo informaron fontes xudiciais.
As fontes precisaron que o presunto autor dos feitos, D.M.D.C, de 53 anos e veciño de Ponteareas, prestou declaración hoxe "como imputado" e non "como detido".
Os feitos producíronse na madrugada do domingo na estrada N-120, á altura do punto quilométrico 645,800, cando unha furgoneta Citroën Berlingo atropelou a L.F.R.G., de 43 anos de idade e natural de Portugal, que faleceu como consecuencia do sinistro.
O condutor do vehículo fuxiu do lugar dos feitos, pero foi finalmente localizado por axentes da Garda Civil, que o detiveron e lle imputaron os presuntos delitos de homicidio imprudente e omisión do deber de socorro.