Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

novo plan de financiamento

2.000 millóns, por agora

12.10.2010  A cifra destinada ás universidades para o período 2011-15 podería incrementarse en dous anos se as condicións económicas melloran

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

M.J. CEBRO . SANTIAGO

As teses lidas e aprobadas en lingua galega será un dos criterios que lles poidan dar ás universidades máis ingresos da Xunta no apartado do financiamento variable ou por resultados, que poderían supor entre un 5% e un 10% máis.

As tres universidades galegas e a Consellería de Educación acordaron onte o panel de indicacores dos que dependerá este apartado do novo plan de financiamento 2011-15, que previsiblemente estará pechado o 8 de novembro e entrará en vigor o vindeiro mes de xaneiro.

Trátase de vinte indicadores repartidos en oito áreas que recibirán distinta ponderación. Así, primarán as áreas de investigación e de docencia, nas que se medirá a porcentaxe de persoal docente e investigador co grao de doutor, os sexenios de investigación, o número de artigos publicados en revistas de prestixio, a taxa de alumnos que rematan a carreira no seu tempo ou os s matriculados en posgraos, entre outros indicadores. A seguir, computarán os apartados de transferencia de tecnoloxías - nomeadamente o número de patentes e os ingresos por servizos- e a proxección internacional, no que se terá en conta os alumnos de intercambio e as estadías do PDI no estranxeiro. As áreas de menor ponderación na repartición serán as de adaptación ás necesidades sociais , xestión, responsabilidade social -onde destaca o número de teses en galego- e as relacionadas co impulso ós campus de Lugo, Ferrol, Ourense e Pontevedra.

Aínda que na reunión de onte non se falou de cifras, pairaban os 2.000 millóns que o secretario xeral de Universidades José Alberto Díez de Castro avanzara recentemente na comisión parlamentaria ante as críticas dos partidos da oposición pola inconcreción do borrador que lles presentou.

A este respecto, o reitor da USC, Juan Casares Long, considerou onte que se trata "dunha cifra de partida" que se poderá incrementar nos próximos anos. "Queda primeiro saber a cifra pechada para o Plan de Financiamento, pero o que sabemos é que eses 2.000 millóns probablemente poderán ser incrementados unha vez que superemos estes dous primeiros anos -de crises, iso quedou establecido", sinalou Casares Long.

Malia recoñecer que a situación económica impedirá "que traballemos folgadamente", Casares Long confiou en que "se note claramente" o "esforzo da Xunta" e, neste sentido,instou a ter claro" que as Universidades galegas "parten dun punto baixo en financiamento con respecto á media española", polo que debería "notarse" un "esforzo" por parte do Goberno autonómico e volveu reclamar que o financiamento universitario se vexa "como un investimento" e non "como un gasto".

No mesmo sentido se manifestou a Universidade de Vigo. O seu vicerreitor de Economía, Xosé Manuel García, aclarou que malia non concretarse cifras, o secretario xeral de Universidades manifestoulles "certo optimismo relativo" no sentido de "cal vai ser o financiamento universitario en relación a outros departamentos" e díxolles que a cifra orientativa de 2.000 millóns - "curta" ó ver do olívico- é "susceptible de incrementarse" en función de como evolucione a situación económica.

Ó titular da Universidade da Coruña, José María Barja, tamén lle parece escasa e preveu "recortes" no financiamento universitario. "Hai que dividir por cinco", recordou, e estimou uns 400 millóns por universidade e ano. "Polo tanto, medindo as cifras actuais, vemos recortes", sinalou. "Que o recorte en dotación universitaria vai ser menor que noutros ámbitos? se cadra si, e agradecémolo, pero vai haber recortes", concluíu Barja.

INDICADORES

ADAPTACIÓN DAS

NECESIDADES SOCIAIS

• Estudantes matriculados na súa primeira opción preferida.

• Tempo medio que tardan os graduados en atopar un emprego.

 

DOCENCIA

• Porcentaxe de Persoal Docente e Investigador con grao de doutor.

• Porcentaxes de alumnos que acaban os estudos no tempo.

• Alumnos de nova matrícula en posgrao.

 

INVESTIGACIÓN

• Número de programas de doutoramento con mención de calidade ou selo de excelencia.

• Artigos en revistas científicas de prestixio publicados polo PDI.

• Resultados de investigación, de carácter académico por número de sexenios.

• Ingresos de investigación por proxectos competitivos.

 

TRANSFERENCIA

DE TECNOLOXÍA

• Número de patentes.

• Ingresos pola transferencia prestación de servizos de investigación, consultoria e asesoramento.

 

PROXECCIÓN

INTERNACIONAL

• Alumnos de intercambio de grao o posgrao.

• Meses de estadía en universidades estranxeiras do PDI.

 

RESPONSABILIDADE

SOCIAL

• Acción social e formación en valores e participación dos estudantes en programas de voluntariado e cooperación.

• Número de teses en lingua galega.

 

XESTIÓN

• Porcentaxe do Persoal de Administración e Servizos (PAS) que participou en programas de formación no ano anterior.

• Porcentaxe de certificacións de implantación de sistemas de calidade da xestión das universidades.

 

CAMPUS PERIFÉRICOS

• Produción de artigos en revistas científicas de prestixio.

• Alumnado matriculado na súa primeira opción.

• Porcentaxe dos sexenios de investigación recoñecidos polo PDI dos campus de Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol.

Intercambio para 274 mozos

Un total de 274 estudantes galegos poderán realizar intercambios con países de fóra da Unión Europea pola colaboración da Consellería de Educación aos programas de mobilidade internacional das tres universidades galegas. Para iso, o departamento de Educación comprometeu un total de 328.800 euros para contribuír a soster o desprazamento e estanza dos estudantes durante as accións de mobilidade promovidas polas institucións académicas a países extracomunitarios.

O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, asinou onte convenios cos reitores da Universidade de Santiago (USC), Juan Casares Long; da Universidade da Coruña, José María Barja; e da Universidade de Vigo (UVigo), Salustiano Mato; polos que se conceden bolsas destinadas a estas accións. Educación valora estas iniciativas de integración nunha comunidade internacional como unha oportunidade para os alumnos melloraren a súa formación e aproveitar as súas potencialidades.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS