Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

remuda

"Arrimar o ombro"

26.05.2010  O reitor electo da USC, Casares Long, promete "un cambio de época" baseado no seu lema, "contando con todos", porque "nestes momentos cómpre un reitorado forte"

5.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO I.CASAL

Juan Casares Long, novo reitor da USC, compareceu onte á mañá perante os medios de comunicación para valorar os resultados FOTO: RAMÓN ESCUREDO
Juan Casares Long, novo reitor da USC, compareceu onte á mañá perante os medios de comunicación para valorar os resultados
FOTO: RAMÓN ESCUREDO

O reitor electo da Universidade de Santiago (USC), Juan Casares Long recalcou que fará "un cambio de época" baseado no lema da súa campaña: "Contando con todos" porque "todo o mundo ten que ser escoitado e poder dar a súa opinión" e porque a USC "necesita un Reitorado forte" nestes momentos" nos que, dixo, hai a "necesidade de arrimar o ombro".

Así, apostou por manterse na "cultura do esforzo" e comentou que xa comezou a traballar. De feito, onte pola mañá mantivo unha reunión co actual reitor na que falaron do "camiño para seguir a facer a transición o máis sinxela e positiva" entre os dous equipos.

Deste modo, comentou que no primeiro encontro co reitor saínte abordaron aspectos de "loxística" e afirmou que traballan para que "antes do final da semana ou principios da próxima" poden afondar na transición.

Sobre a data da toma de posesión, Casares Long estimou que terá lugar "no prazo aproximado dun mes", en función dos trámites, xa que os resultados teñen que pasar de provisionais a definitivos; aprobalo o consello da Xunta e fixar unha data co máximo mandatario galego, Alberto Núñez Feijóo, para o acto.

 

Análise dos resultados electorais

Tras alcanzar o 56,91% dos votos fronte ao 43,09% de Lourenzo Fernández Prieto, Casares cualificou de "clave" da vitoria "a confianza do profesorado tanto no campus de Lugo coma de Santiago", con 708 votos recibidos fronte aos 369 do outro candidato.

Con todo, recoñeceu que en canto ao Persoal de Administración e Servizos (PAS) recibiu 355 papeletas fronte ás 408 de Fernández Prieto. "Co 46,5% temos un apoio importante do sector", sostivo, non obstante, para destacar que o seu equipo traballará para "convencer a todos os membros do PAS".

Nesta liña manifestouse en relación cos estudantes, dos que obtivo uns 200 votos menos có seu rival, pero resaltou que conta "cun amplo apoio", un 45%. "Queda moito traballo para motivalos e incentivar a súa participación", aseverou.

Medicina: non á duplicidade

Casares confía en chegar a un acordo entre a Xunta e as tres universidades sobre a docencia clínica de Medicina. "Estou seguro de que si. En educación non pode haber vencedores nin vencidos, o resultado ten que ser bo para Galicia", di, e desbota unha segunda facultade, que "nunca foi máis ca un soño pouco realista dalgúns. Se falamos de diferenciarnos,non podemos caer outra vez nos mesmos erros do pasado".

Austeridade cara á sociedade

"A USC ten que demostrarlle á sociedade que é rigorosa no control de ingresos e gastos. Imos facer fincapé niso", teima Casares ó preguntarlle sobre a postura de austeridade coa que a USC pode demandar máis implicación económica da administración. Pero refuga manifestar se apertará máis o cinto. "Descoñezo as previsións. Insisto, hai que empezar a ver que o investimento na universidade non é un gasto, senón aposta de futuro".

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Vídeo

  • O catedrático de Enxeñería Química, Juan Casares Long, foi elixido novo reitor da Universidade de Santiago. Moi emocionado, quixo agradecerlle ao seu equipo o esforzo dos últimos meses, e comprometeuse a traballar arreo, para recuperar a esencia da USC.Correo TV
Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS