Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

usc

"As persoas primeiro", o lema de Mercedes Brea para ser reitora

24.03.2010  A catedrática de Filoloxía Románica rexistrou a candidatura ·· Acepta debater a seis

1.8/5 [5 Voto/s]

1
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

Mercedes Brea, catedrática de Filoloxía Románica e candidata a reitora FOTO: Antonio Hernández
Mercedes Brea, catedrática de Filoloxía Románica e candidata a reitora
FOTO: Antonio Hernández

Mercedes Brea é a cuarta candidata en rexistrar a súa candidatura para concorrer ós comicios do vindeiro 5 de maio nos que a USC elixirá novo reitor.

"As persoas, primeiro". Velaí a cerna do seu proxecto, centrado no "interese en escoitar a todos os estamentos, estudantes e precarios, PAS e PDI", adianta a catedrática de Filoloxía Románica, que, malia presentarse como independente, conta co apoio -"e máis nada"- da PUP, a plataforma de profesores que apoia o actual reitor, Senén Barro.

En palabras de Brea, "a busca da excelencia e a internacionalización son obxectivos moi loables que temos todos os candidatos". Ó seu ver "os obxecivos fundamentais serán iguais para todos e serán as diverxencias en cuestións puntuais o definitorio de cada un". De xeito que ela quere resaltar como un dos piares do seu proxecto "un maior equilibrio entre docencia e investigación. Cómpre reflexionar e prestarlle máis atención á docencia, principalmente nestes momentos, en pleno proceso de adaptación ó Espazo Europeo de Educación Superior".

Sobre o equipo que a acompañaría, Brea prefire "manter a incógnita". E non aventura expectativas. "teño o 16,66% de posibilidades", bromea aludindo ó inusual número de candidatos que concorren nesta ocasión, seis, o que fai "altamente improbable" que un acade a maioría na primeira volta, o vindeiro 5 de maio, e dá por seguro que haberá unha segunda votación na que se dirimirá entre dous candidatos.

Brea recolle o guante lanzado por un dos seus competidores, o catedrático de Historia Lourenzo Fernández Prieto, que o luns lanzou a proposta de celebrar tres debates, un por campus, entre os seis candidatos. "Sería máis produtivo expor todos xuntos as nosas posicións e non ir de un en un", valora Brea. O luns rexistraron as súas candidaturas Laura Sánchez Piñón, Lou- renzo Fernández Prieto e Juan Casares Long. Agora faltan o decano de Bioloxía Jaime Gómez Márquez, e a catedrática de Química Analítica Pilar Bermejo.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS