Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

ENCONTROS DIXITAIS

Bermejo: "Pedir o 2% do PIB non é utopía"

22.04.2010  Pilar Bermejo considera que cinco membros no goberno "é abondo" e pon como exemplos Cambridge ou Oxford

5.0/5 [3 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

M.J.CEBRO . SANTIAGO

Pilar Bermejo, catedrática que Química analítica e candidata a reitora  FOTO: FERNANDO BLANCO
Pilar Bermejo, catedrática que Química analítica e candidata a reitora
FOTO: FERNANDO BLANCO

A candidata ó reitorado da USC Pilar Bermejo respondeu onte as cuestións que lle formularon os internautas no chat que organiza o Grupo Correo Gallego.

A catedrática de Química Analítica volveu teimar na necesidade de reclamar un financiamento para o Sistema Universitario Galego do 2% do PIB, algo que "non é utópico. Moitas universidades españolas teñen en torno a 1,5% e nós non chegamos ó 1%. O obxectivo a escala europea é o 3%. Polo tanto, se queremos unha universidade de calidade e de futuro cómpre a implicación do Goberno e nós saberemos xustificar detalladamente o que facemos co financiamento que recibimos".

Con só cinco persoas, o seu equipo é o máis reducido dos ata agora desvelados por parte dos sete competidores para a cadeira de San Xerome. Berme­jo considérao"suficiente" para gobernar a USC, que agora conta con nove vice­rreitorados e tres adxuntos, ademais da secretaría xeral. "Universidades pres­tixiosas como Cambridge, Oxford, Stanford ou Berke­lei teñen equipos de gober­no dun tamaño similar. Pensamos que é preciso traballar en equipos reducidos". Foi a resposta a quen suxería que o moti­vo de tan reducido equipo é buscar futuros pactos de cara a unha segunda volta, posibilidade que Bermejo foi a única que recoñeceu claramente que tiña na súa cabeza. Neste terreo, outro inter­nauta pediulle que aclara­se diferenzas entre o seu proxecto e o de Lourenzo Fernández Prieto. "A nosa candidatura conta co apoio de todas aquelas persoas da comunidade que queren un cambio profundo nas for­mas de goberno desta uni­versidade", replicou.

Ó preguntarlle sobre se a "terceira misión da univesidade" era un fin para "crear empresas" Bermejo salientou a necesidade da tansmisión do coñecemento á sociedade, pero "en ningún caso isto pode desvirtuar as dúas funcións básicas, o profesorado debe ter clara a súa misión docente e investigadora, non empresarial". E afeou ese "30% de persoal Docente e Investigador que non realiza ningunha actividade investigadora". Fixo autocrítica -"probablemente a USC ten unha parte importante de culpa por non darlle os medios adecuados"- e para incentivalos, proporá "novas liñas e grupos de investigación".

Ademais, explicitou a súa aposta "pola avaliación da actividade docente do profesorado. Todo o persoal da universidade ten que cumprir coa súa obriga e se non haberá que tomar as medidas oportunas, xa que somos unha institución pública e temos que ser moi coidadosos co que facemos co diñeiro que a sociedade nos achega".

Para Bermejo, a concorrencia de 7 candidatos "pon de manifesto que na USC hai un grave problema debido ós gobernos dos últimos anos. Por iso presentamos a nosa candidatura".

Axenda

Hoxe, xoves 22

(11:00 h.)

Juan Varela Durán

Mañá venres 23

(18:00h)

Laura Sánchez Piñón

"Lugo non é de segunda"

A realidade bicampus centrou a pregunta dun estudante lucense, que rexeita que "só se lembran deles en eleccións". "Somos conscientes de que moitas persoas do Campus de Lugo se senten como de segunda e queremos romper con esa situación. Apostamos por que todos os nosos vicerreitores sexan de toda a universidade e todos se preocupen de Lugo. Cómpre apostar por este campus facendo políticas que apoien a investigación, sobre todo naqueles centros que están sendo usados como paso". Ademais, criticou a exclusión da Facultade de Veterinaria do proxecto Campus Vida, "como a doutros moitos grupos".

Investigar sen precariedade

Os­ plans de estabili­zación dos investigadores Ramón y Cajal e Parga Pon­dal volveron suscitar interese, como nos outros chats. "Non se pode con­sentir que os departamen­tose soliciten novas prazas nestes programas e que despois non os queiran estabilizar", salientou Ber­mejo, que considerou "urxente" solucionar "o problema" de existencia dun alto número de persoal contratado a car­go de proxectos de investi­gación e bolseiros. "Osgrupos cos que tra­balla este persoal ás veces non teñen un financiamen­to estable, pero temos que ver as medidas legais que podemos usar para resol­velo. Non é de recibo facer unha investigación puntei­ra con persoal con contra­tos precarios", engadiu.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS