Hemeroteca web
|
RSS
Luns 21.05.2012
| Actualizado 10.14
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, cualificou de "normal" a "insatisfacción" dos reitores das tres universidades co novo marco de financiamento universitario e apostou por buscar "novas fontes" de ingresos porque se trata de institucións "estratéxicas para o país". O rexedor indicou que as tres universidades han de facer un esforzo por reducir os gastos, pero sinalou a necesidade de "facer un esforzo de financiamento da Universidade" sen rexeitar "a priori ningunha hipótese".
Pero á parte dos esforzos de austeridade, o diferencial presupostario que as universidades teñen descuberto haberá que cubrilo mediante fórmulas entre as cales barallou mesmo achegas privadas. Ao seu ver "as universidades galegas han de estar en primeira" e apostou por que o futuro das universidades sexa "unha cuestión de Estado".
