Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

contas

Casares esixe ter en conta o patrimonio no financiamento

03.06.2010  O reitor electo da USC lembra que 25 edificios centenarios requiren tratamento especial

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P.

O reitor electo da Universidade de Santiago de Compostela (SC), Juan Casares Long, reivindicou hoxe un "recoñecemento no plano do financiamento" da institución como "principal centro de investigación de Galicia" e, sobre todo, ante as necesidades de "mantemento" de 25 edificios do campus compostelán que contan, "algúns", con "centos de anos" de antigüdade.

"Os nosos edificios son, algúns, edificios de centos de anos, outros de moitos anos, que necesitan un tratamento especial no que se refire a infraestruturas. Son edificios catalogados, de moito valor histórico, que teñen que recibir unha axuda importante para o seu mantemento", recalcou.

Casares desprazouse onte a Lugo para reunirse co rexedor municipal, Xosé López Orozco, no marco dunha roda de encontros, que manterá tamén co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para a que aínda non hai data. O reitor electo, que tomará posesión o 25 de xuño, está convencido de que "o sistema universitario galego necesita unha atención" e que "os propietarios da universidade", que é "a sociedade", sexa consciente do "servizo esencial" que presta o sistema universitario galego.

Previamente, o alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, agradeceu a súa visita á vez que asumiu o compromiso do concello de "colaborar sempre coa Universidade de Santiago e co campus de Lugo". "Ademais de ser a cidade do sacramento e da muralla, esta é unha cidade universitaria, daquela fariamos un gran traballo", sinalou o rexedor municipal.

O catedrático de Enxeñería química foi elixido para relevar a Senén Barro o pasado 24 de maio en segunda roda, ó acadar o 56,9% dos votos fronte a Lourenzo Fernández Prieto

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS