Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

comicios na usc

Casares Long acepta a invitación a debater, pero só dous encontros

08.05.2010  O catedrático de Enxeñería Química respondeu afirmativamente á proposta de Fernández Prieto e comínao para verse o día 19 en Lugo e o 20 en Santiago ·· O historiador pensa que teme o campus norte

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

O catedrático de Enxeñería Química e primeiro clasificado na primeira volta das eleccións ó reitorado da USC respondeu onte afirmativamente á invitación que lle fixera o seu contrincante Lourenzo Fernández Prieto a debater as súas respectivas ideas acerca do futuro da institución.

Casares Long amosou onte a súa "total conformidade" coa idea dos debates, mais a súa proposición é a da realización de dous encontros e non tres - como era a idea de Prieto- un no campus compostelán e outro no lucense, o primeiro o vinceiro mércores 19 de maio en Lugo e o segundo o xoves 20 en Compostela.

Pouco despois, o his­toriador aceptaba a proposta, aínda que lamentando que "polo que parece o campus norte vaia quedar sen debate", interpretando que o enxeñeiro preferiría debater no sur. Con todo, acepta o formato de Casares, pero "confía en que cambie de idea e acepte debater tamén no campus norte" .

Fernández Prieto propuxéralle ó seu contrincante que se celebre un encontro en cada un dos campus: os dous de Santia­go e o de Lugo. Apelando á cur­ta duración da campaña da segunda volta, o seu rival é parti­dario de que en Santiago haxa un único encontro.

A concreción destes encon­tros puxo en evidencia que, unha vez reducida a batalla elec­toral a cousa de dous (en primeira volta o pasado mércores houbo sete candidatos) a campaña irá subindo de ton. Hai dous días Casares pedíalle en Radio Obradoiro ó seu rival "tran­quilidade" ao redor deste asunto, molesto por que os propuxera a través dos medios xa na noite electoral, antes de facelo por escrito, e relacionándoo co ímpeto da mocidade do seu rival.

Onte Fernández Prieto mostra­ba a súa sorpresa por estas palabras. "Estou sorprendido. Non espera­ba estas declaracións dunha per­soa coa elegancia e co talante que adoita amosar o profesor Casares. Se o dixo porque levo unha equi­pa nova, con ideas frescas e vita­lidade, declárome culpable", dixo.

Casares referiuse tamén ás palabras do deputado do BNG Carlos Aymerich, que pensa que a USC "terá que escoller entre unha opción que conta coa simpatía da Xunta e outra, a representada por Fernández Prieto, que é unha opción progresista, comprometida cun sistema universitario galego".

Pola súa parte Casares teimaba onte "O meu parti­do é a universidade. Somos unha candidatura na que todos teñen cabida", replicou".

A cita definitiva, o 24 de maio

O vindeiro 24 de maio a comunidade universitaria da USC está de novo chamada ás urnas para elixir o sucesor de Senén Barro, logo de que o pasado 5 ningún dos sete candidatos obtivesen a maioría.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS