Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

leccións na usc

Casares-Prieto: Campus norte vs campus Sur?

09.05.2010  O catedrático de Enxeñería gañou en Medicina e o de Historia "arrasa" en Comunicación

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

M.J. CEBRO . SANTIAGO

O primeiro clasificado na primeira volta das eleccións ó reitorado da USC, Juan Casares Long, aceptou a invitación do seu rival, Lourenzo Fernández Prieto, a debater. Pero propón só dous encontros: o vindeiro 19 en Lugo e o 20 en Santiago.

"Teme unha confrontación no campus Norte compostelán", interpretaba o candidato de Universidade Aberta. E é que Fernández Prieto "arrasou" na facultade de Ciencias da Comunicación, onde acaparou o 75% dos votos dos docentes funcionarios doutores, fronte ós 0 votos que levou Casares. Tampouco lle foi mal ó historiador en Filoloxía, onde acaparou o 28,32 %, por detrás de Mercedes Brea, que conseguía o 34,51% na súa casa. Casares só concitaba 15,04% do apoios do profesorado funcionario doutor, o que máis computa na ponderación.

Con todo, na súa casa o catedrático de Historia Contemporánea, cun 33,33% dos votos do sector 1, quedou por tras do seu competidor, que acaparaba o 40% dos votos dos funcionarios doutores.

Tampouco o catedrático de Enxeñería Química foi profeta na súa terra, xa que na escola Técnica Superior de Enxeñería empatou co seu rival, cun 13,51% dos votos docentes. Os que si o apoiaron masivamente foron os alumnos (64%). Nesta circunscrición quen levou a auga ó seu rego foi Laura Sánchez Piñón, ó acadar o 49% dos votos.

Pero non todo o campus norte lle foi desfavorable a Casares, que logrou un 45,45% dos votos en Enfermería, fronte ó 18,18 de Prieto; e e o 30,65% en Económicas fronte ó 24,19 de Prieto.

En Medicina, gañou o primeiro clasificado, ó acaparar o 44,64% dos apoios deste sector do profesorado, mentres que Prieto rañou un 9,82%. Tamén lle foi ben ó enxeñeiro en Dereito (27,9% fronte a 4,65%), onde Mercedes Brea levou o 41,86% dos apoios dos funcionarios doutores, Políticas (40% fronte a 32%), Farmacia (45,5% fronte ó 6,49%) e Óptica, onde levou o 44,44% do apoio fronte ó 22,22% de Prieto. Este último gañoulle ó seu opoñente en Psicoloxía, co 33,33% dos votos fronte ós 20,8% de Casares.

ENTRADAS

Vindeira cita, o día 24 de maio

O mércores pasado, día 5, Casares Long lograba o 26,38% dos votos ponderados, mentres que Lourenzo Fernández Prieto se facía co 29,7%. Agora mediranse o vindeiro 24, a segunda rolda da que sairá o novo reitor da USC.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS