Hemeroteca web
|
RSS
Luns 21.05.2012
| Actualizado 10.14
![]() |
| Pilar Bermejo, candidata a reitor FOTO: Antonio Hernández |
O catedrático de Medicina Juan Varela Durán formalizou onte a súa candidatura a reitor da Universidade de Santiago (USC) e aproveitou para manifestar a súa postura "clara e inequívoca" sobre a titulación de Medicina. "Apoio total á declaración do Claustro de Medicina e rexeitamento dese escrito ou convenio, que entendo que non son máis que as bases dunha posible actuación por ser administrativamente e xuridicamente nulas e impracticables", destacou o último candidato a reitor, que se suma así ó consenso entre os anteriores seis candidatos.
Así, defendeu unha "única" Facultade de Medicina, "con docencia preclínica en Santiago e varios hospitais con docencia clínica nas sete cidades galegas máis importantes".
Tras presentar no rexistro a súa candidatura, Varela manifestouse "consciente do enorme legado" do equipo reitoral anterior e manifestous "ter capacidade abonda para alcanzar solucións para os problemas que ten a universidade.
Tras resaltar que o equipo reitoral actual "deixa A Universidade de Santiago entre a elite das universidades", o aspirante a reitor manifestou a súa intención de que a USC dar "alcance a excelencia nas outras áreas", despois do logro conseguido con Biomedicina. Así deixou claro que no seu programa de goberno "non só" atende aos "problemas de Medicina", senón que aborda "as outras catro grandes áreas" e os problemas do campus de Lugo.
Como modo de alcanzar a excelencia apuntou "a estabilidade definitiva" laboral dos traballadores da comunidade universitaria. A última catedrática en formalizar a súa candidatura doi Pilar Bermejo, movida porque "é necesario un cambio grande e radical" na "forma de gobernar" a institución.Ó seu ver, a presentación de "tantas candidaturas" para relevar no cargo ao actual reitor, Senén Barro responde a que a universidade "ten un problema importante" e apostou por "un novo tempo" na xestión universitaria para "desbloquear" a crise actual.
Sete nomes para suceder a Barro
O 5 de maio sete candidatos competirán por Fonseca. Laura Sánchez Piñón, Pilar Bermejo, Juan Casares Long, Juan Varela Durán, Mercedes Brea, Lourenzo Fernández Prieto e Jaime Gómez. A segunda volta, máis que probable sería o 24 dese mes.
