Hemeroteca web
|
RSS
Luns 21.05.2012
| Actualizado 10.14
A Universidade de Santiago de Compostea (USC) estuda pechar as facultades en períodos de varios días en épocas non lectivas para reducir gastos, como medida do plan de austeridade esixido pola Xunta para o periodo 2011-2013. En Nadal, por exemplo, a proposta que se baralla comprende do 25 de decembro ó 1 de xaneiro, aínda que a profesorado poderá seguir accedendo ós seus centros cos seus cartóns de identificación. Os que non poderán acceder son os estudantes, "os principais damnificados" dos recortes, quéixanse os Comités. A vicerreitora de Economía, Sara Cantorna, subliña que sempre permanecerá aberta unha biblioteca por campus: dúas en Santiago e unha en Lugo.
"As datas que se barallan son totalmente prexudiciais para o estudantado, posto que a preparación dos exames de xaneiro coincide de cheo nestas datas", expoñen os Comités. Cantorna cre, con todo, que neses días non se ocasionará prexuízo ó alumnado e que en verán o peche das bibliotecas das facultades podería cinguirse á última semana de xullo, tras os exames, e a primeira de agosto.
Nos servizos administrativos as datas poderían ser outras, de acordo coa evolución da carga de traballo ó longo do calendario en cada caso.
Os Comités pídenlle ó reitorado "un posicionamento moito máis crítico contra o ataque ao carácter público da universidade que leva a cabo o Goberno do PP á hora de reducir investimentos".
