Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

financiamento

Constitúese o grupo para decidir medidas de aforro no SUG

28.02.2011  A principios de abril darán xa dez

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P.

A Xunta afirmou que está cumprindo coas premisas marcadas no Plan de financiamento universitario 2011-2015, e esta semana constituíu un grupo de traballo para propor medidas de aforro no sistema universitario galego (SUG). Nun comunicado, a Administración autonómica explicou que dito grupo está formado polo secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; e a subdirectora de Universidades, Beatriz Soutelo, ambos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Así mesmo, a Consellería de Facenda está representada a través do director xeral de Orzamentos, Miguel Corgos, e o subdirector xeral de recursos e análise orzamentaria, Juaquín Cabaleiro. Pola súa banda, as universidades estano por parte dos vicerretores de economía de Santiago, Sara Cantorna; da Coruña, Angel Fernández Castro; e de Vigo, José Manuel García Vázquez. Ó longo das próximas semanas traballarán interactivamente para depurar e mellorar as propostas presentadas polos integrantes deste grupo. A principios do mes de abril realizarase unha nova reunión para aprobar as dez medidas de racionalización do gasto e de mellora na eficiencia da xestión para o SUG.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS