Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

comicios

A crise participativa marca a renovación do claustro da USC

27.04.2010  O vindeiro 5 de maio a universidade compostelá non só elixirá novo reitor, senón que se renovarán os consellos de departamento e as 300 caras do parlamento universitario que representan os tres sectores, profesores e investigacores, persoal de administración e servizos e alumnos

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

I. CASAL . SANTIAGO

Alumnas no Campus Vida de Escelencia Internacional da USC FOTO: PEPE FERRÍN/AGN
Alumnas no Campus Vida de Escelencia Internacional da USC
FOTO: PEPE FERRÍN/AGN

En oito días, toda a USC está chamada a votar. A cita coas urnas que máis acapara a atención é a que decidirá quen susti­túe o reitor Senén Barro, pero tamén se renovarán os consellos de departamento e o claustro. Este último órgano ostenta a máxima representación da comunidade universitaria, a través de 300 membros dos distintos colectivos. Pero a pesar da importancia que lle recoñece a propia lei, este parlamento perdeu nos últimos anos parti­cipación.

Así se veu o pasado decembro cando a abstención fixo imposible que saísen adiante os no­vos estatutos da USC, para o que se require maioría absoluta do claustro.

A Pla­taforma Universitaria Pro­gresista (PUP), o grupo de Senén Barro, pedía daquela reflexión para aclarar se o resultado se debeu "á falta de motivación sobre a reforma estatutaria ou é un problema de desmobiliza­ción social".

Para a oposición foi unha proba tanto da "minoría" na que, ó seu ver, se atopa Barro, como do proceso de "deslixitimación" do claus­tro, a xuízo do colectivo de profesorado nacionalista Universidade Aberta, por­que este é cada vez menos interpelado sobre os gran­des temas da USC.

Ezequiel Vázquez, candi­dato á representación do persoal de administra­ción e servizos (PAS) polo colectivo +Útil, coincide con parte deste diagnóstico. "Parece que o absentismo se está aprovei­tando para restarlle com­petencias ao claustro e convertelo en mero órgano consultivo", di Ezequiel, que lamenta que non se faga público a listaxe de claus­trais que non acoden ás sesións.

"O pulo participativo foi esmorecendo nestes 16 anos coas lousas da abusiva protoco­lización e do excesivo presidencialismo dos reiro­res, que "institucionaliza­ron" de xeito abafante a súa presenza e imaxe, arrogán­dose todo o protagonismo da viva e plural comuni­dade universitaria compos­telá", profunda no diagnóstico A Trabe, o grupo nacionalista dos PAS.

Outro reproche ó reitorado apunta ó incumprimento da obrigación de convo­car polo menos dúas sesións ordinarias ó ano. Algunha anunciouse ademais, quéixase o alumnado, en pe­ríodos non lectivos, dificul­tando a súa participación.

A asistencia dos estu­dantes tropeza cun atranco a maiores: cando un claustral finaliza os seus estudos, perde o dereito de representación. É por iso que, aínda que o resto do claustro se renova cada catro anos, o alumnado elixe cada dous.

Pero a ausencia máis no­toria é a do propio profesorado, o colectivo máis numeroso.

O dato contrasta coa alta participación á hora de votar. Nas últimas eleccións exerceu este de­reito máis do 88% do profesorado funciona­rio doutor, a categoría ma­ioritaria entre os docentes e investigadores, con 1.348 membros no censo deste ano.

Entre o PAS, o outro gran colectivo de traballadores da USC, se se repiten as porcentaxes de 2006 (74%) a participación será moi elevada. Son en total 1.251 persoas, repre­sentadas a través de 24 claustrais.

Os estudantes son o colectivo máis numeroso (28.416 persoas) e o que menos se mobiliza. Entre os de primerio e segundo ciclo, a participación nestes comicios non supera o 10%..

A CAMPAÑA

Bermejo pide cambio de xestión; Prieto pon as caras

A aspirante ao Reitorado da Universidade de Santiago (USC), Pilar Bermejo, resaltou onte que "non son todas as candidaturas -hai sete- iguais" e defendeu un "cambio radical" no modelo de xestión da institución. Nun encontro levado a cabo o luns polos integrantes da candidatura encabezada por Bermejo, os asistentes preguntaron sobre a diferenza entre os sete candidatos, ao respecto do que a candidata indicou que o resto de aspirantes non propoñen un novo modelo de xestión porque "será que cren que vai ben o actual". "Nós buscamos cambiar a estrutura, xa que nos tempos de crise que vivimos non é de recibo malgastar o diñeiro", afirmou Bermejo, en relación coas vicerrectorías que propón a súa candidatura.

Pola súa banda, o candidato Lourenzo Fernández Prieto presentou onte o seu equipo de vicerreitores que o acompañarán na candidatura, elixido para "gobernar para toda a universidade". "Están comigo dende o primeiro día e é xente que quería e o que a universidade necesita", aseverou.

Así presentou a Manuel Fernández Grela para a Vicerrectoría de Economía e Financiamento; Elías Torres para a de Planificación e Relacións Institucionais; Socorro Rodríguez para Política Académica; Alvaro Gil para Política Científica; Teresa Rodríguez, para a Vicerrectoría de PDI; Pablo Ángel Meira para Cultura e Compromiso Social; e Mar Pérez Fra para o Campus de Lugo.

15 asociacións estudantís

Máis de 15 asociacioóns aspiran a representar o alumnado. Ás históricas como os Comités Abertos de Facultade (CAF), Inicia­tivas Estudantil Galega (Iesga) ou o Sindicato de Es­tudantes, súmanse as conservadoras Estu­diantes Liberais de Galicia (Elga) ou a Federación Ac­ción Universitaria (Fauga).

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS