Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

campus galegos

Criterios "modernos" para o plan de financiamento universitario

23.03.2011  Aprobada a proposición non de lei

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN

O Parlamento de Galicia, na sesión plenaria celebrada onte, aprobou unha Proposición non de Lei do PPdeG na que insta a Xunta de Galicia a liderar o proceso de negociación entre as universidades galegas para definir e acordar criterios estructurais modernos, estratéxicos e de futuro que se aplicarán á evolución do fondo de subvención fixa previsto no Plan de financiamento universitario 2011-2015. Este fondo de subvención é un dos parámetros do Plan, que inclúe tamén outros como de mellora da calidade, que ten un carácter fixo e para o que "é necesario propoñer os criterios para marcar as partidas orzamentarias a aplicar a partir do 2012, dun xeito progresivo que irá do 5% nese ano ata o 20% no 2015" indicou o voceiro de Educación do Grupo Popular Román Rodríguez.

Para Rodríguez, estes fondos de subvención fixa deben rixirse por criterios de "mérito, esforzo e capacidade igual que non sería xusto dar o mesmo aprobado xeral ao alumno que traballa, se esforza e participa.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS