Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

comicios na usc

Descártanse os pactos

07.05.2010  Casares Long buscará "todos os apoios posibles" pero non pactará, mentres que Fernández Prieto chama á integración, "pero en valores, non en postos"

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

I. CASAL . SANTIAGO

As urnas volverán abrirse o vindeiro día 24 para elixir o sucesor de Senén Barro en segunda volta FOTO: Ramón Escuredo.
As urnas volverán abrirse o vindeiro día 24 para elixir o sucesor de Senén Barro en segunda volta
FOTO: Ramón Escuredo.

O tempo de pactos na Universidade de Santiago de Compostela é historia. A concorrencia de sete aspirantes na primeira volta das eleccións ó reitorado xa era un claro síntoma e as palabras dos dous finalistas confír­mano. Gañe quen gañe o 24 de maio, o novo reito­rado non buscará a fórmula de coalición que funcionou nos últimos anos, a dúas e ata tres bandas. Descartárono onte ambos os candi­datos en Radio Obradoiro, horas despois de celebrar a primeira vitoria.

"Buscarei todos os apoios posibles, pero eu non pacto con ninguén. Habería que preguntarlle ao outro can­didato se vai pactar, como fixo hai catro anos, pero eu non pacto", respondeu Juan Casares Long á pregunta de se é partidario de acor­dou cos que quedaron fóra de xogo.

Pouco despois, Lourenzo Fernández Prieto confir­maba que el tampouco bus­cará pactos, aínda que si integración. "Morreu o tempo dous pactos, estamos no da integración", salientou o catedrático de Historia Contemporánea, que en 2006 presentouse como vi­cerreitor na candidatura tripartita de Senén Barro, que aglutinaba á Plata­forma Universitaria Pro­gresista (a PUP, de signo socialista), a Converxencia Universitaria (CU, máis conservadora) e a Universi­dade Aberta (UA, naciona­lista, o grupo ó que pertence o catedrático de Historia Contemporánea).

Ó seu ver, quen sexa rei­tor debe ser capaz de "inte­grar toda a pluralidade (da universidade)". "A miña proposta é unha integra­ción a partir de valores e de principios, non unha inte­gración de postos nin de pactos, no contexto dun po­grama de futuro. É aí onde hai que construír esa nova maioría que a USC necesita para a súa solidez institu­cional", profundou.

Pero aínda que non busquen pactos como tal, a integración podería resultar máis fácil se desde os perdedo­res explicitan o apoio a un dos dous finalistas. Por agora, só CU estaría dis­posta a facelo, e a súa aposta sería Casares. "Os dous candidatos que que­dan son de calidade, pero coido que o máis próximo a nós en todos os aspectos é Casares", valora o voceiro de CU, Miguel Anxo Bastos, aínda que a súa plataforma como tal aínda non decidiu.

Bastos recoñece que non esperaban un índice "tan baixo" de apoio ó seu candi­dato, Juan Varela.

Desde a PUP, que apostou por Mer­cedes Brea, tamén se co­incide ó felicitar os gañadores e lamentar os resultados da súa candidata, a pesar do "moi bo traballo" que desenvolveron ela e do seu equipo. A voceira da plataforma do aínda rei­tor, Elena Vázquez Cendón, informou onte de que esta se reunirá nos próximos días para analizar os resul­tados e decidir se hai ou non unha postura oficial de cara á segunda volta.

A posibilidade de que a haxa parece, con todo, menos probable ca no caso de CU, que desde o comezo de campaña manifestara a súa dis­posición a pactar. "A nosa opción era a candidatura independente de Mercedes Brea, a quen lle ofrecemos o noso apoio incondicional", recalca Vázquez Cendón.

Crea Futuro, o proxecto de Laura Sánchez Piñón, tampouco dá a sensación de que vaia pedir o voto para ninguén. "Agora a res­ponsabilidade de achegarse ás outras candidaturas é de Casares e Fernández Prieto. Estamos dispostos a escoi­tar buscando sempre o in­terese da USC sen posturas previas nin ataduras de ningún tipo", responden o equipo da catedrática de Xenética e ex conselleira de Educación.

Desde a noite electoral, Pilar Bermejo non se pronunciou sobre este asunto, pero no seu día si se mostrou partidaria de pactos na segunda volta. E aínda que non os haxa, nas quinielas universitarias todo o mundo dá por feito que case todos os votos que sumou transvasaranse a Fer­nández Prieto, con quen coincidiu en 2002 ao redor da candidatura a reitor de Xosé Manuel Sabucedo.

En canto a Jaime Gómez Márquez, este rei­terou tras coñecer os resul­tados que non pactará e limitouse a desexar o mellor para a USC.

Aymerich identifica a Casares co PP e pide votar a Prieto

A reorientación do voto na segunda volta das elec­cións ó reitorado da USC tamén tomou cariz político. Onte o depu­tado nacionalista Carlos Aymerich, en resposta a Europa Press antes de par­ticipar nunhas xornadas de Mocidade Socialista Galega, non dubidou en pedir para Fer­nández Prieto os votos "progresistas e nacionalis­tas" para unha universidade "integradora". Aymerich identificou a Casares co PP, dicindo que "conta coa simpatía dá Xunta", e pre­sentou a Lourenzo Fernán­dez Prieto como "a opción progresista e comprometida coa universidade".

 

 

Casares: "Tranquilo, haberá debates"

O catedrático de Enxe­ñería Química móstrase disposto a debater, agora cara a cara, co seu xa único adversario, pero non oculta certa molestia polo feito de que Fernández Prieto avanzase na noite electoral que lle proporía tres encontros. "Fernán­dez Prieto é un home novo, temos que dicirlle que se tranquilice, que teremos debates. Eu xa levo máis ca el e síntome moi cómodo debatendo (...). Gústame se­guir o procedemento habi­tual: primeiro fálase (diso) e logo anúnciase, porque permite manexar os tem­pos de cadaquén", respon­deu onte en Radio Obradoiro.

En 2006 conseguiu o mesmo número votos que Senén Barro, pero menos entre o profesorado, cuxas papeletas valen moito máis, co cal perdeu o reitorado en favor de Barro. Esta vez Juan Casares Long (A Coruña, 1950) foi o candidato máis apoiado na primeira volta, co 26,38% dos sufraxios ponderados -1.483 votos absolutos- un resul­tado que, confesa, recibiu "con moita alegría e como unha recompensa a anos de moito traballo".

A clave do éxito foi, di, o grupo de persoas que conformaría xunto a el o consello de dirección da USC se gana o vindeiro 24 de maio. "A xente ve un equipo moi completo e bo, cun programa realista e un candidato que leva catro anos sendo a voz da oposición na univer­sidade e pedindo un cam­bio ao que o mércores dixeron que si".

Prieto propón tres encontros

O segundo clasificado, Lourenzo Fernández Prieto, que aglutinou o 20,77% dos votos, envioulle onte unha carta ó seu rival para o vindeiro día 24 invitándo a tres debates: un no Campus Norte, outro no Campus Sur e outro no Campus de Lugo.

O catedrático de Historia Contemporánea felicitou o seu contrincante polos resultados obtidos e pola "exemplar campaña electoral que temos feito entre todos, na que primou o debate de ideas e a busca do que nos achega, máis que do que nos separa". E cominou o seu contrincante a seguir esa senda, como "a nosa obriga seguir primando o debate de ideas" ."Creo que é fundamental que haxa tres debates, non é un problema de tranquilidade, é de necesidade", replicoulle ó seu contrincante na mesma emisora. Con todo, acepta calquera "lugar e formato" que prefira o seu rival. O candidato de Universidade Aberta obtivo na primeira rolda menos votos ca Casares, -1,473, fronte a 1.483 - Gañou entre estudantes, Pas e investigadores en formación, cuxos votos valen menos cós do profesorado. O profesor valorou a súa vitoria neste sector, pero recoñeceru que por unha estreita marxe que espera aumentar.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS