Hemeroteca web
|
RSS
Luns 21.05.2012
| Actualizado 10.14
Responsables da Conferencia Nacional de Decanos de Medicina alertaron onte de que dentro de dez anos, cando finalicen a súa formación os actuais estudantes, "haberá decenas de miles de médicos en España moi ben formados, que traballarán nun supermercado ou de taxistas, pero non de médicos, porque se planificou mal".
Dita "ausencia" de planificación concrétase en "a falta de equilibrio" entre o aumento do número de prazas ofertadas nas facultades e "as prazas profesionais que hai cubertas, as xubilacións que se prevén e as prazas MIR. Non haberá sitio para todos", indicou o secretario da Conferencia Nacional de Decanos de Medicina, Emilio Sanz, que se referiu ó futuro dos estudantes e destacou que xa este ano os sistemas de saúde das diferentes comunidades autónomas non poderán absorber a un 20 ou 25% dos especialistas que xa se formaron, polo que estas persoas "acabarán na medicina privada subcontratada ou no paro, pero logo de once anos de formación".
Joaquín García-Estañ, decano da Lagoa, falou sobre o elevado número de mozos, próximo a 20.000, que aspiran a iniciar a carreira de Medicina todos os anos e advertiu de que nin as facultades nin os hospitais teñen capacidade para formalos. Na actualidade ofértanse 7.000 prazas para estudantes de Medicina en España e convócanse unhas 6.200 prazas MIR ás que se presentan 11.000.
