Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

comicios na usc

Si á discriminación positiva, di Bermejo

01.05.2010  A catedrática de Química analítica considera que é necesaria "tras centos de anos de dominio patriarcal"

1.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

Pilar Bermejo co equipo co que se presenta o vindeiro mércores ó reitorado da USC FOTO: FERNANDO BLANCO
Pilar Bermejo co equipo co que se presenta o vindeiro mércores ó reitorado da USC
FOTO: FERNANDO BLANCO

"Nós non nos presentamos cunha Vicerreitoría de Igualdade, xa que cremos que para acadala temos que facelo de forma transversal, en todas as áreas da Universidade, sen distinción nin apartados". Así explicou onte Pilar Bermejo a súa política de igualdade para concorrer ás eleccións ó reitorado da USC o vindeiro 5 de maio.

A catedrática de Química analítica, xunto a maioría de reitorables da USC, asistiu no Centro de Estudos Avanzados da USC a un acto sobre Muller e Universidade resaltou na súa intervención que na súa candidatura a "igualdade é un acto de xustiza, e non o entendemos doutra forma".

Así, avogou por "potenciar os recursos que xa temos como a Oficina da Igualdade e o Plano de Igualdade aprobado na USC", que asume "punto por punto, e lle parece bo" pero "non se está aplicando, non se está a levar a cabo", o cal lle parece un desleixo do Goberno actual e da institución, denunciou. "Non temos que quedars en boas intencións, temos que cumprilo punto por punto" insistiu. Bermejo recoñeceu estar a favor das políticas de discriminación positiva, porque, "haberá igualdade cando se parta das mesmas condicións entre mulleres e homes e hoxe, debido a centos de anos de dominio patriarcal, as mulleres non partimos das mesmas condicións".

Bermejo explicou que hai uns días lía un artigo que dicia "... o Reitor no seu caso ou a Reitora na súa casa...", ante o que se sentiu ofendida e concluíu que "aínda temos moito por andar".

"Os datos falan por si sós"

A catedrática de Química Analítica explicou que os datos falan por si sós. "A pesar de que as alumnas da USC son máis do 60% do total, e mentres que no Terceiro Ciclo e nas lecturas de teses son arredor do 50%, no tocante ao grao máis alto de status dentro da Universidade, o grao de Catedrática, só o 12% son mulleres dentro da Universidade compostelá", polo que insistiu en que "algo non está a saír ben, ou algo pasa nas esferas de poder para que haxa esa falta de igualdade". Así, como catedrática universitaria, explicou que "as mulleres", e ela tamén se incluíu, "deben de sensibilizar e axudar para acadar a normalidade da situación para que chegue a todos os niveis de toma de decisións da USC".

Sánchez Piñón: novos docentes

A catedrática de Xenética e ex conselleira de Educación Laura Sánchez Piñón, resaltou onte, na recta final para os comicios do vindeiro mércores que o seu proxecto, "Crea futuro", aposta por promover o acceso de novo profesorado á USC, a mobilidade, a preocupación pola formación continua e o impulso á profesionalización da investigación. Sánchez Piñón presentou un equipo de goberno paritario composto por catro homes e catro mulleres.

Prieto pecha campaña o luns

Lourenzo Fernández Prieto comprometeu "un estilo diferente de goberno baseado no acordo e en traballar polo que une e non no que separa". Ademais, reiterou o seu compromiso de gobernar con e para todos" e de colocar a docentes, investigadores e estudantes "no centro do sistema". O luns, ás 12.00 na Facultade de Ciencias políticas pechará a campaña.

Casares: auditar as contas

Juan Casares Long dixo onte na Facultade de Psicoloxía que de saír elixido como reitor comprometerase a axilizar o proceso burocrático da institución académica compostelá. Outra das primeiras medidas que porá en marcha será a de someter a USC a unha auditoría económica para coñecer o estado real.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS