Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

cIberencontro

O equipo de Fernández Prieto, alén da política

19.05.2010  "A politización da universidade é maior cando se oculta. Eu non agocho, outros si", dixo o reitorable na web do Grupo Correo Gallego

5.0/5 [2 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

Fernández Prieto, onte, durante a charla cos internautas FOTO: Antonio Hernández
Fernández Prieto, onte, durante a charla cos internautas
FOTO: Antonio Hernández

A USC está inmersa, desde hoxe, na segunda volta da carreira electoral á cadeira de reitor da universidade compostelá, que se decidirá o día 24. Lourenzo Fernández Prieto, que se mide con Juan Casares Long nesta quenda, foi entrevistado onte, vía dixital, polos internautas do Grupo Correo Galego e entre as súas máis de 40 respostas quixo deixar claro que a súa aposta é allea á politización, que os pactos son "cousa do pasado" e que defende, como modelo ideal, o de Cambridge.

Un bo número dos "ciberxornalistas improvisados", ante os que defendeu con orgullo ser "galeguista e nacionalista", achegaron as súas preguntas en clave moi política, incidindo na súa vinculación co BNG e o apoio que pediron para el a nacionalistas e progresista os deputados Carlos Aymerich (Bloque) e Xoaquín Leiceaga (PSdeG). A xuízo do reitorable, as súas palabras non supoñen inxerencia ningunha na autonomía universitaria nin un intento de politizala, senón un bo síntoma.

"Que se preocupen pola USC os responsables políticos e sociais é moi positivo. E no meu Facebook verá que outros deputados tamén me manifestaron a súa simpatía sen ser sequera vellos amigos nin profesores como Leiceaga e Aymerich. Espero que os meus amigos do PP tamén o fagan público. A politización da universidade é máis intensa canto máis se oculta. Eu non agocho nada, outros si", respondeu. De aí que formase o seu equipo sen valorar filias políticas. "Non mirei o carné de ninguén. Tampouco sei que relixión profesan", engadiu á pregunta de cantos militantes do BNG ten ao seu redor. "O equipo que ten cargos orgánicos partidarios entre os seus membros non é o meu", engadiu en referencia aos nomes da lista do seu adversario.

Precisamente, algúns dos internautas buscaron a súa opinión sobre a orientación política de Casares. A estes aclaroulles que non considera que o programa do seu rival responda os principios da dereita porque non cre que "os principios convencionais da política se poidan aplicar á universidade", pero considerou que a súa proposta é "regresiva". "Ser de dereitas é moi respectable (...). Conservador é o seu programa, non el", salientou.

Finalmente, e respecto de como acadará os recursos necesarios para levar o seu programa á realidade, apuntou varias vías para garantir a sustentabilidade financeira: "Gastar mellor e máis eficazmente e lograr máis recursos de todas as intancias e en todos os xacementos posibles, de San Caetano a Bruxelas".

Consumo de recursos

Os internautas da web do Grupo Correo Gallego aludiron á demanda de carreiras, as saídas laborais de humanidades e o seu "consumo de recursos". Ante esta insinuación o reitorable respostou: "O problema da sustentabilidade financeira da USC non reside onde vostede o sitúa".

Seleccións no Campus Vida

En ciencias da saúde, apoia os criterios de selección do persoal de novos centros de investigación singulares de Campus Vida, criticados por outros candidatos. "Fíxose nunha avaliación por pares dunha comisión internacional, un modelo convencional".

Estabilización de programas

En política de persoal, Lourenzo Fernández Prieto mostrouse partidario de transformar os contratados doutores acreditados en titulares e da estabilización dos científicos dos programas Ramón y Cajal e Parga Pondal.

"Derrotado" na propia casa

Respecto do encaixe da vitoria de Casares na súa facultade, a de Historia, indicou: "Tomeina igual que o empate meu na súa escola", á vez que relacionou este éxito do seu rival co feito de que o acompañan dous docentes do centro.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS