Hemeroteca web
|
RSS
Luns 21.05.2012
| Actualizado 10.14
![]() |
| Asemblea Nacional Constituínte o pasado sábado 26 de marzo na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela FOTO: Liga Estudiantil Galega |
Preséntanse en xerundio, co slogan dun tempo progresivo, baixo o lema "Estudando, loitando, contruíndo". "Embarcámonos nun proxecto que busca aglutinar a todo o estudantado nacionalista e combativo, para traballar polo ensino que o noso país e a nosa clase precisan". Así se introduce a Liga Estudiantil Galega, a nova organización do estudantado da comidade erguida en Asemblea Nacional Constituínte o pasado sábado 26 de marzo na Facultade de Dereito da USC.
"Nacemos con ilusión e forzas, dispostas e dispostos a combater por un ensino público, galego, antipatriarcal e de calidade, continuando o traballo iniciado por ERGA e os CAF", apuntan no seu blog "O estudantado denuncia". A nova formación "culmina un proceso de máis dun mes de intenso debate, diálogo e construción no que definimos a liña político-organizativa na que enmarcaremos as nosas actuacións os vindeiros meses".
O camiño iniciouse o 26 de febreiro tras a marcha de 165 membros das filas dos Comités durante a celebraciónda da última Asemblea Nacional. Como motivo alegaban o "secuestro" da organización que no 2008 xuntou os Comités Abertos da Facultade (CAF) e os Comités Abertos de Estudantes (CAE) "por unha minoría que non dubidou, co fin de manter o seu control total sobre a organización, en levar a cabo todo tipo de prácticas ilexítimas e mesmo ilegais". Falan da Unión da Mocidade Galega, a UMG, -organización xuvenil da UPG, dentro do Bloque-, que foi gañando poder interno. Por iso a Liga Estudiantil Galega asegura querer escapar "de ser brazo de transmisión de ninguén e fuxir das loitas que se producen dentro do nacionalismo". A Tese de Organización foi aprobada o sábado con só un voto en contra e dúas abstencións e a Tese Política cunha outra papeleta contraria e catro abstencións.
Na sesión de clausura da Asemblea estiveron presentes membros da CIG, CUT, Adiante, Isca!, MNG, SLG, A Trabe e as Mocidades pola Normalización Lingüística; e recibiron o apoio da Mesa pola Normalización Lingüística e a Fundación Galiza Sempre "que non puideron asistir". As resolucións aprobadas resúmense nos seguintes puntos: Apoio á loita dos pobos mapuche, palestino e saharaui; procura dun monolingüismo defensivo; oposición ás leis de familia, de convivencia, e de augas; oposición ao modelo enerxético actual; apoio á loita sindical nacionalista; apoio ao pobo libio; apoio ás loitas antiimperialistas en América Latina de Venezuela, Ecuador, Bolivia, Nicaragüa e especialmente Cuba con condena ao bloqueo económico do imperialismo estadounidense.
Consello Nacional
Adrián Dios [USC]
Miguel Rodríguez [USC]
Antón Castro [USC, Lugo]
Anxo Sánchez [UDC]
Sila Cela [UVigo, campus Pontevedra]
Celia López-Santos [USC]
Laura Arjonilla [USC]
Denís Vicente [USC]
Saleta Chao [USC]
Diotino Nóvoa [USC]
David Vila [Ensino Medio, Lugo]
Víctor Giadás [Ensino Medio, Compostela]
Comisión Garantías
Antía Comesaña [USC]
Francisco Fra [USC]
Maite López [USC]
Bieito Barreira [USC]
Raquel Vázquez [USC]
