Hemeroteca web  |  RSS  RSS
Luns 21.05.2012  | Actualizado 10.14

El Correo Gallego Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Galicia Hoxe
Santiagoteespera.com
Aulas

universidade

O estatuto do docente propón subir os soldos

19.03.2011  No novo proxecto sobre a función do profesorado advírtese da necesidade de mellorar a "transparencia financeira"

5.0/5 [2 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN . SANTIAGO

O reitor da USC, Juan Casares Long  FOTO: G.H
O reitor da USC, Juan Casares Long
FOTO: G.H

Nas dúas últimas déca­dás, a función docente do profesorado universitario completouse cada vez máis co perfil investiga­dor, unha combinación de funcións que se resume nas siglas PDI (persoal docente e investigador), coas que se autodenomi­na o colectivo na xerga académica. Pero a norma pola que se rexe, de 1985, é anterior ó gran cambio vivido na universidade española, aínda que ten xa os días contados. O Goberno central presentou a súa proposta de Estatuto do PDI, un proxecto que, sinala o responsable da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan Casares Long, é conside­rado pola Conferencia de Reitores (CRUE) como un "documento valioso".

"A actividade docen­te e investigadora mudou moito nestes 26 anos e [ou proxecto de estatuto] dig­nifica a carreira do PDI", considera Casares Long. Un dos cambios que in­troducirá o novo estatuto é o aumento do nivel do colectivo dentro da fun­ción pública.

Como norma xeral, para acceder ós postos máis altos do funcionaria­do, os do grupo o A1, é necesario posuír unha licen­ciatura, pero para ser pro­fesor universitario esíxese o título académico máis elevado, o de doutor. Este plus formativo será recoñe­cido "cunha pequena mellora", un maior nivel de complemento de destino: ata agora, os profesores titulares teñen recoñecido o 27, que no proxecto de estatuto do PDI sobe ó 28, mentres que os catedráti­cos pasarían do vinte e nove ó trinta, o máximo posible.

Os reitores valoran o aumento retributivo, aínda que lle pon un pero non menor: o proxecto de es­tatuto carece de memoria económica. "Isto vai ter un custo importante, e require que o Ministerio de Educa­ción ou as comunidades po­ñan os cartos, porque o que está claro é que as univer­sidades non imos poder implementalo [pola nosa conta]", advirte Casares Long, que pide que quede "absolutamente clarifica­do" como se pagará.

Visto e prace ó modelo de custos

O proxecto do estatuto do PDI foi un dos temas abordados na reunión do Consello de Universida­deas celebrado o xoves en Madrid. Neste encontro, presidido polo ministro Ángel Gabilondo, deuse o visto e prace ó modelo de contabilidade de custos das universidades públicas, co que se pretende me­llorar a transparencia e a eficiencia financeira das institucións académicas. O sistema introduce me­lloras na valoración do custo das distintas acti­vidades desenvolvidas no seo da universidade. "Vai permitir ter unha foto diná­mica do que ocorre nas uni­versidades", ilustra. Pero a súa implantación, advirte Casares, tamén requiri­rá un investimento, empezan­do pola parte informática. O Ministerio anunciou que haberá axudas econó­micas para a súa implementa­ción, pero non concretou por agora importes.

Diminuír texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe o teu comentario

Para escribir comentarios ás noticias, debes ser usuario rexistrado.
De non selo rexístrate agora

1000 Caracteres dispoñibles

www.galiciahoxe.com eliminará os comentarios considerados ofensivos ou que vulneren a legalidade.

Grupo Correo Gallego
Ante calquera dúbida, problema ou comentario
nas páxinas de Galicia Hoxe envíe un
e-mail a info@galicia-hoxe.com.
Titularidade e política de privacidade
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS